miniatura|Romaría no Corpiño A relixiosidade popular é un concepto das ciencias sociais no ámbito relixioso, especialmente da antropoloxía da relixión, da socioloxía, a historia e outras ciencias da relixión. Ás veces empréganse de xeito intercambiábel outras expresións, como piedade popular, que de forma estrita non son totalmente equivalentes.
Identifícase coa forma en que vive a relixión o pobo en oposición terminolóxica coa "relixiosidade oficial", que é a das elites, os intelectuais e a xerarquía eclesiástica. Algunhas das manifestacións da relixiosidade popular poden ser consideradas supersticións pola relixiosidade oficial.
As diferenzas entre ambas as relixiosidades son esencialmente dúas:Dupront 1987, citado en Manuel Marzal, Popular religiosity , Blackwell Encyclopedia of Sociology, George Ritzer, 2007, ISBN 9781405124331 A oficial considera de máxima importancia a hierofanía fundacional (a manifestación do sagrado) mentres que a popular se centra nas prácticas rituais e na forma de manter unha relación propiciatoria coas entidades sobrenaturais. A oficial transmítese mediante mecanismos de socialización internos das institucións relixiosas, como o recrutamento do clero, os seminarios e outras institucións de ensino relixioso regrado, que chegan a todos os niveis (catequese, escola dominical), mentres que a popular o fai no ámbito familiar e local mediante vivencias colectivas de todo tipo (tradicións populares, festividades, peregrinacións, romarías, procesións, ritos de paso, elementos da vida cotiá como a gastronomía ou indumentaria etc.).
Cristianismo popular O cristianismo popular definiuse, entre outros termos, como o "cristianismo praticado por pobos conquistados",Brown, Peter Robert Lamont (2003). The rise of Western Christendom. Wiley-Blackwell, 2003. ISBN 0-631-22138-7, p. 341. Consultado en xullo de 2009. o cristianismo vivido pola maioría das persoas que "superan as divisións entre ortodoxia e non-ortodoxia",Rock, Stella (2007). Popular religion in Russia. Routledge ISBN 0-415-31771-1, p. 11. Consultado en xullo de 2009. o cristianismo impactado polas supersticións popularesSnape, Michael Francis (2003). The Church of England in industrialising society. Boydell Press, ISBN 1-84383-014-0, p. 45. Consultado en xullo de 2009 e o cristianismo definido "en termos culturais sen referencia ás teoloxías e á historia".Corduan, Winfried (1998). Neighboring faiths: a Christian introduction to world religions. InterVarsity Press, , p. 37. Consultado en xullo de 2009.
Islam popular O islam popular é un "termo paraugas" usado para describir colectivamente formas do islam que incorporan crenzas e prácticas populares nativas. O islam popular foi descrito como o islam dos "pobres urbanos, dos campesiños e das tribos", en contraste co islam ortodoxo ou islam "alto" O sufismo e conceptos sufís adoitan integrarse no islam popular.
Identificáronse varias prácticas e crenzas co concepto de "islam popular". Inclúen as seguintes: Crenza nos sistemas máxicos tradicionais e éxtases rituais. Uso de santuarios e amuletos. Veneración de santos ou jinn, como no culto gnawa. Incorporación de crenzas de animistas.
Xudaísmo popular Nun dos primeiros traballos académicos importantes sobre o tema, titulado Jewish Magic and Superstition: A Study in Folk Religion, Joshua Trachtenberg ofreceu unha definición da relixión popular xudía que consiste en ideas e prácticas que, aínda que non se ligaban coa aprobación de líderes relixiosos gozaban dunha ampla popularidade de tal xeito que debían incluírse no que el denominou o campo da relixión.Jewish Magic and Superstition: A Study in Folk Religion, Joshua Trachtenberg, 1939, Forgotten Books, Preface, páx. xxvii Isto incluía crenzas pouco ortodoxas sobre demos e anxos e prácticas máxicas.
Estudos posteriores fixeron fincapé na importancia da destrución do templo de Xerusalén para os moitos costumes populares xudeus ligados ao loito e en particular á crenza na "hibbut ha-qever" (tortura da tumba), crenza en que os mortos son torturados na súa tumba durante tres días despois do enterro por demos ata que lembren os seus nomes. Esta idea comezou coa escatalóxica inicial aggadah e logo foi desenvolvida polos cabalistas.The Oxford Dictionary of the Jewish Religion, Edited by Adele Berlin, Oxford University Press, 2011, páx. 344,
Raphael Patai foi recoñecido como un dos primeiros en empregar a antropoloxía para estudar a relixión popular xudía.Fields of Offerings: Studies in Honor of Raphael Patai, Victor D. Sanua, páx. 28 En particular chamou a atención sobre o importante papel do elemento divino feminino,Fields of Offerings: Studies in Honor of Raphael Patai, Victor D. Sanua, Fairleigh Dickinson Univ Press, 1983, páx. 27 que viu na deusa Asherah, a Shekhinah, a Matronit e Lilith.Fields of Offerings: Studies in Honor of Raphael Patai, Victor D. Sanua, Fairleigh Dickinson Univ Press, 1983, páx. 2
O escritor Stephen Sharot afirmou que a relixión popular xudía en común con outras formas de relixión popular, está centrada na maxia apotropaica, ou taumaturxia, é dicir, úsase para axudar a protexer individuo de doenzas e desgrazas. Destaca que, aínda que o xudaísmo rabínico trataba do ritual xudeu ortodoxo e halakah, os magos afirmaban usar rituais máxicos pouco ortodoxos para axudar as persoas na vida cotiá. Sinala o exemplo de que un tipo de mago relativamente profesionalizado foron os ba'al shem de Polonia, que a partir do século XVI prosperou coa popularidade da práctica da cábala no século XVIII. Estes ba'al shem prometeron usar o seu coñecemento dos nomes de deus e dos anxos, xunto co exorcismo, a quiromancia e a medicina con herbas para facer dano aos inimigos e obter o éxito en áreas da vida social como o matrimonio e o parto.Comparative Perspectives on Judaisms and Jewish Identities, By Stephen Sharot, Wayne State University Press, 2011, páx. 58
Charles Liebman escribiu que a esencia da relixión popular dos xudeus estadounidenses son os seus lazos sociais entre si, ilustrado polo descubrimento de que as prácticas relixiosas que impedirían a integración social, como unha interpretación estrita da dieta, as leis e o sábado, foran abandonadas, mentres que as prácticas que se seguían, como o Seder de Pessach, os ritos sociais de paso e os grandes días de festa, son as que reforzaban a integración familiar e comunitaria xudía.Comparative Perspectives on Judaisms and Jewish Identities, Stephen Sharot, Wayne State University Press, 2011, páx. 152 Liebman describiu os rituais e crenzas da relixión popular xudía contemporánea nas súas obras The Ambivalent American Jew (1973) e American Jewry: Identity and Affiliation.
Hinduísmo popular McDaniel (2007) clasifica o hinduísmo en seis tipos principais e numerosos tipos menores, co fin de comprender a expresión das emocións entre os hindús.June McDaniel "Hinduism", in John Corrigan, The Oxford Handbook of Religion and Emotion, (2007) Oxford University Press, 544 pages, páx. 52–53 Segundo McDaniel, un dos principais tipos e o máis antigo sen ser escrito é o hinduísmo popular, baseado en tradicións e cultos ás deidades. O hinduísmo popular implica o culto a deidades que non se atopan nas escrituras hindús. Implica a adoración a Gramadevata (deidade da aldea), Kuldevta (deidade do fogar) e a deidades locais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Allen, Catherine. The Hold Life Has: Coca and Cultural Identity in an Andean Community. Washington: Smithsonian Institution Press, 1989; second edition, 2002 Badone, Ellen, ed. Religious Orthodoxy and Popular Faith in European Society. Princeton: Princeton University Press, 1990 Bastide, Roger. The African Religions of Brazil: Toward a Sociology of the Interpenetration of Civilizations. Trans. by Helen Sebba. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1978 Blackburn, Stuart H. Death and Deification: Folk Cults in Hinduism, History of Religions (1985)
Brintnal, Douglas. Revolt against the Dead: The Modernization of a Mayan Community in the Highlands of Guatemala. Nova York: Gordon and Breach, 1979 Christian, William A., Jr. Apparitions in Late Medieval and Renaissance Spain. Princeton: Princeton University Press, 1981 Gellner, David N. Hinduism. None, one or many?, Social Anthropology (2004), 12: 367-371 Cambridge University* Johnson, Paul Christopher. Secrets, Gossip, and Gods: The Transformation of Brazilian Candomblé. Oxford: Oxford University Press, 2002 Gorshunova, Olga V. (2008). Svjashennye derevja Khodzhi Barora…, ( Sacred Trees of Khodzhi Baror: Phytolatry and the Cult of Female Deity in Central Asia) in Etnoragraficheskoe Obozrenie, n° 1, pp. 71–82. ISSN 0869-5415
Kononenko, Natalie "Vernacular religion on the prairies: negotiating a place for the unquiet dead," Canadian Slavonic Papers 60, no. 1-2 (2018) Nutini, Hugo. Ritual Kinship: Ideological and Structural Integration of the Compadrazgo System in Rural Tlaxcala. Princeton: Princeton University Press, 1984 Nutini, Hugo. Todos Santos in Rural Tlaxcala: A Syncretic, Expressive, and Symbolic Analysis of the Cult of the Dead. Princeton: Princeton University Press, 1988 Sinha, Vineeta. Problematizing Received Categories: Revisiting ‘Folk Hinduism’ and ‘Sanskritization’, Current Sociology, Vol. 54, No. 1, 98-111 (2006) Sinha, Vineeta. Persistence of ‘Folk Hinduism’ in Malaysia and Singapore, Australian Religion Studies Review Vol. 18 No. 2 (Nov 2005):211-234 Stuart H. Blackburn, Inside the Drama-House: Rama Stories and Shadow Puppets in South India, UCP (1996), ch. 3: " Ambivalent Accommodations: Bhakti and Folk Hinduism" Taylor, Lawrence J. Occasions of Faith: An Anthropology of Irish Catholics. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1995
Ligazóns externas Folk Christianity in the Philippines "Myths over Miami": an account of the folk religion of children living in homeless shelters in Miami, circa 1997
Categoría:Paganismo Categoría:Relixión