Margaret W. "Hap" Brennecke, nada en 1911 en Emmaus (Pensilvania) e finada en 2008, foi unha química especialista en metalurxia e a primeira muller enxeñeira soldadora que traballou no Laboratorio de Materiais e Procesos do Centro de Voo Espacial Marshall da NASA, contribuíndo ao programa de foguetes Saturno.

Traxectoria Brennecke licenciouse en química na Universidade Estatal de Ohio e posteriormente estudou metalurxia no Instituto Tecnolóxico Carnegie, a Universidade de Pittsburgh e a Universidade de California, Os Ánxeles. Posteriormente, traballou durante 22 anos na Aluminum Company of America, onde, como investigadora metalúrxica, identificou materiais para vehículos militares e proxectos de enxeñaría utilizados na segunda guerra mundial.

En 1961, Brennecke incorporouse á NASA, onde traballou no programa de foguetes Saturno como experta en soldadura, achegando a súa experiencia centrada nos procesos de soldadura por arco de tungsteno con gas e gas inerte metálico. As responsabilidades de Brennecke incluían a selección de materiais e técnicas para a construción dos foguetes, especialmente os depósitos de combustible crioxénico. Máis adiante na súa carreira, desempeñou un papel similar na elección de materiais e técnicas para o Spacelab e os foguetes impulsores do transbordador espacial.

O alcume de Brennecke, "Hap", foi elixido en parte pola súa neutralidade de xénero, e como un "termo medio entre a cortesía dos tempos e a informalidade" do equipo de enxeñeiros da NASA.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lorenzo, Nieves; Calvo, Encina (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. Elas, levarónnos ao espazo 2022 978-84-8158-952-8

Outros artigos Mulleres na NASA

Ligazóns externas Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa"

Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1911 Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Persoal da NASA Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio