Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2025 tiña 17.990 habitantes, cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival""O Concello pide que a reforma local teña en conta a 'excepcionalidade' dos municipios turísticos"" Diario de Pontevedra, 28 de febreiro de 2013 (consultado o 20 de abril de 2014).. O xentilicio é ou e, popularmente, lilaino, -a "...O programa de actuación proposto pola concellería de Medio Ambiente 'lilaino' que inclúe instruír en hábitos de consumo e uso enerxético eficiente" ; "A resistencia por sorpresa dos 'lilainos' impediu onte que a décima conquista 'ghata' da Madama de Silgar se levase adiante" ; Alfredo Conde confesaba que "Iso é o que me vincula a Sanxenxo, non son un 'lilaino', pero pasei toda a vida alí" . Antonio Castro Martínez publicou en 2010 un libro de relatos sobre cinco mulleres significativas de Sanxenxo, titulado precisamente Lilainas. No libro aventura a hipótese de que este xentilicio proveña do cualificativo despectivo que usaban os mariñeiros de Portonovo para designar ós de Sanxenxo en alusión ós pequenos moletes, ou lilas, de pan branco que levaban estes, en contraposición coas grosas bolas de broa que comían os de Portonovo ..

Etimoloxía do topónimo miniatura|esquerda|Casa consistorial miniatura|Imaxe de san Xenxo de Arles, de quen procede o nome do concello, na igrexa de Padriñán. O topónimo Sanxenxo é a evolución do nome latino de , Xenxo de Arles, un mártir cristián, santo patrón da vila xunto con santa Rosalía, cunha evolución fónica normal dentro do galego (perda de nasal intervocálica nasalizando a vogal resultante da amálgama, recuperación posterior da nasal como coda -habitual no occidente galego-, palatalización de oclusiva velar sonora inicial e posterior enxordecemento, e palatalización de fricativa alveolar xorda en contacto con iode).

Xeografía O municipio, de 44,1 km2, está situado no oeste da costa de Pontevedra e de Galicia no seu conxunto. Linda ó norte coa ría de Arousa, ó sur coa de Pontevedra e o Atlántico, ó oeste co concello do Grove e o mesmo océano, e ó leste cos concellos de Meaño e Poio.

Os seus ríos son todos regos de pequeno tamaño, como os de Dorrón, Sear, Bordóns, Carabuxeira, Baltar, Fabaíños, Besadoiros ou Souto, que desembocan na costa atlántica (sur ou oeste); ou os regos Carballo, dos Balleneiros, das Besadas, dos Mouros, Lagares, Barbosa ou Trilleiro, que van desembocar na ría de Arousa (costa norte) ou no Río da Chanca, en terras de Dena (Meaño). Existen outros regos cuxo caudal é aínda menor.

Na costa norte (A Arnosa, Rouxique, A Revolta, das parroquias de Noalla e Vilalonga) existe unha decena de lagoas artificiais, abertas ó longo do século XX co obxectivo de extraer arxila coa que alimentar as numerosas telleiras que existiron na zona e que foron pechando co paso do tempo ata quedar hoxe unha única explotación industrial activa, de fabricación de tellas e ladrillos, no norte de Vilalonga, Nueva Cerámica Campo S.L. Ó irse abandonando estas escavacións a ceo aberto, fóronse enchendo de auga de chuvia para converterse hoxe en pequenas lagoas de auga doce onde repousan e aniñan numerosas aves acuáticas.

A orografía do concello non ofrece ningunha particularidade. Predomina a planicie, con escasos montes de pouca entidade na metade leste do concello: Lagueiros (262 m), Chan da Gorita (257 m) ou Con do Laraño (254 m). Na zona central do concello elévase o Monte Faro, con 158 m.

Climatoloxía A temperatura media anual rolda os 15 °C, con oscilacións comprendidas entre os 10-11 °C en xaneiro e temperaturas pouco superiores a 20 °C, en xullo. As precipitacións anuais roldan os 1.500 mm de media.

Praias

É o concello galego con maior número de bandeiras azuis europeas (datos de 2016), con 12 praias galardoadas, ás que hai que sumar as concedidas ós dous portos deportivos do concello: o Porto Deportivo Juan Carlos I (en Sanxenxo) e o Club Náutico de Portonovo.

No concello existen as seguintes praias (márcanse en letra grosa as que dispuxeron deste distintivo en 2016): Parroquia de Dorrón: A Granxa, Maciñeiras, Santa Mariña, Pampaído e Area de Agra. Parroquia de Bordóns: Area dos Mortos, Areas e Nanín. Parroquia de Padriñán: Barreiros, Carabuxeira, Lavapanos, Panadeira e Silgar. Parroquia da Adina: Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas e Montalbo. Parroquia de Noalla: Bascuas, Pragueira, MagorPlan de Ordenación do Litoral de Galicia. Praia de Magor Neste documento aparece, tamén, a forma Major, con "j", na cartografía. (ás veces mal grafado Major Turismo de Galicia Xunta de Galicia.Concello de Sanxenxo), Pociñas, Fontenla, Foxos, Area Gorda, Lapa e A Lanzada No 2016, a Fundación Europea de Educación Ambiental, organización que concede a distinción, decidiu por vez primeira unificar as praias da Lanzada e a inmediata, e de pequeno tamaño, Espiñeiro, concedendo unha única bandeira que debían compartir os concellos do Grove e Sanxenxo. O concello do Grove non aceptou compartir galardón con Sanxenxo e negouse a recibir esa bandeira e mais as outras catro que foran concedidas a diversos areais do Grove..

A praia de Silgar é un areal de 800 m de lonxitude, resgardado dos ventos fríos do norte. Entre o núcleo urbano de Sanxenxo e o de Portonovo, tras pasar Punta Vicaño, está a praia de Baltar, duns 600 m e características similares a Silgar.

Demografía

A poboación do concello de Sanxenxo experimenta un continuo incremento desde que se posúen datos estatísticos: en 1981 contaba con 14.358 habitantes. Segundo datos do IGE, tiña 17.990 habitantes no ano 2025, dos que 9.074 eran mulleres e 8.916 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 17.314 veciños, e 2010, cando eran 17.500.

No termo municipal destacan dous núcleos urbanos: a capital, Sanxenxo, e Portonovo (na parroquia da Adina), situados na costa, con 2.536 e 2.122 habitantes, respectivamente (datos de 2025). Tamén na parroquia de Vilalonga, no interior, concéntrase un elevado número de habitantes, aínda que máis diseminados.

Evolución da poboación de Sanxenxo dende 1857.

Historia

O concello estaba habitado xa no 4000 a.C, tempos dos que quedan restos arqueolóxicos nas necrópoles de Monte Faro e do Castro da Lanzada, monumentos funerarios no Chan da Gorita, o Castro de Dorrón etc. A relevancia histórica e económica das salinas de Noalla -que deron nome á comarca do Salnés- representou a súa explotación desde tempos dos fenicios e ata a Idade Media. Conta López Ferreiro que "alí os fenicios tiñan gran facilidade para establecer grandes depósitos de sal, naquelas deliciosas mariñas salgaban peixe e exportábano" Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, px. 160..

Conta tamén que un tal Conde don Pedro, veciño do Grove, era o propietario das dez salinas de Noalla, e que o seu fillo, Hermenexildo, rebelouse contra o rei Afonso III o Magno (848-910) pola posesión e explotación das salinas, pero foi derrotado. O Rei, o 24 de xuño do 886 cedeunas á igrexa de Compostela e, posteriormente, o bispo Sisnando II (m. 968) repartiunas entre quen as reacondicionaran e diversos conventos galegos. A defensa das salinas -entre outras razóns- contra os ataques de viquingos e sarracenos moveu ó bispo a construír a Torre da Lanzada.

Cos Reis Católicos, Sanxenxo foi designada capital da xurisdición da Lanzada baixo o goberno dun alcalde, dous rexedores e un síndico nomeado polo arcebispo de Santiago (que tamén se reservaba o nomeamento de xuíces e escribáns). Sendo como era unha vila mariñeira -especialmente Portonovo-, para os asuntos relacionados co mar e a pesca dependían do que lles autorizara o gremio de mareantes da Moureira de Pontevedra, que esixía, por exemplo, que tódalas capturas da localidade, como a das outras da ría de Pontevedra, se fosen vender a Pontevedra. Esta relación de dependencia motivou continuos preitos, algúns dos cales se prolongou durante máis de 20 anos.

No Antigo Réxime, Sanxenxo e as que hoxe son as súas nove parroquias seguía integrado na xurisdición da Lanzada, provincia de Santiago (unha das sete en que se dividía Galicia), pero trala Constitución de 1812 intégrase na provincia única de Galicia. No primeiro terzo do século XIX, o territorio dividíase en tres concellos constitucionais: Dorrón, Sanxenxo e Portonovo, pertencentes ó partido xudicial de Cambados. Cando en 1822 Galicia se divide en catro provincias, pasan a integrarse na nova provincia de Vigo, pero esta adscrición só dura ata 1823, cando se derroga aquela división territorial para recuperar a existente anteriormente.

Desde os primeiros proxectos de 1835, Sanxenxo xa aparece como concello unificado, coas súas nove parroquias, trala fusión daqueles tres concellos Naquelas datas, 1836, Adina -con Portonovo- era o núcleo máis poboado (235 veciños, con 911 almas), seguido de Sanxenxo -San Jenjo- (con 209 e 865 respectivamente) e Dorrón (con 2085 e 876). sen que o seu territorio resultase afectado polas diferentes modificacións que se foron introducindo no proxecto de nova distribución territorial do Reino de España (como a creación de Vilanova e a desaparición da Illa de Arousa). E así quedou establecido na resolución definitiva de decembro de 1836 na que se crean as catro provincias actuais, con Sanxenxo dentro da de Pontevedra.

En 1837, Sanxenxo reclama para si as illas de Ons, que quedaran sen adscribir na división de 1836, e a Deputación concedeullo. Pero en 1841, os labregos das illas -que eran veciños de Bueu- apoiados polo Marqués de Valladares, daquela propietario das illas, pediron a segregación de Sanxenxo para pasar a depender de Bueu, o que lles foi concedido por Real Orde de 20 de novembro de 1844.

Aínda se presentaron novos proxectos de redistribución territorial e, en 1868, proponse reducir á metade o número de concellos, co que se crea un formado polos actuais Sanxenxo, O Grove e Meaño, con capital en Dena (Meaño), pero o proxecto nunca se levou adiante.

A Idade Contemporánea trouxo consigo importantes cambios no eido económico. Por unha banda, a chegada dos fomentadores cataláns coas súas novas técnicas de pesca e de salgado de peixe, especialmente sardiña, o que prexudicou gravemente nos mariñeiros tradicionais da zona e de Galicia enteira. Por outra banda, o lento pero progresivo desenvolvemento turístico do concello, anunciado xa por Celso García de la Riega en 1882: "O pobo veraniego de Sanxenxo é o único da beira dereita da ría de Pontevedra chamado a obter un próximo desenvolvemento, principalmente como punto de baños", e comparábao con distintas localidades da Bretaña e Normandía "transformados hoxe en elegantes estacións de verán" Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, px. 162.. Para conseguir ese obxectivo, comezaron a construírse infraestruturas turísticas e estradas de acceso desde Santiago e Pontevedra, melloras que conseguiron converter a vila nun centro de veraneo ou visita esporádica dun bo número de persoeiros das elites políticas e culturais galegas ou foráneas do momento: Augusto González Besada (deputado provincial por Cambados en 1890), Eugenio Montero Ríos, Gabino Bugallal Araújo, Luis Espada Guntín, Julio e Francisco Camba, José Piñeiro González, José Luis Sáenz de Heredia. O mesmo Francisco Franco visitaba Sanxenxo con frecuencia a bordo do seu iate Azor.

Na primeira metade do século XX construíronse numerosos establecementos hostaleiros e de lecer para dinamizar o lecer dos meses de verán, tendencia que se mantén nos comezos do século XXI. Estes establecementos hostaleiros abertos no concello -de carácter estacional na súa maioría, concéntranse especialmente en Sanxenxo, Portonovo e ó longo de toda a costa atlántica ata chegar á praia da Lanzada, Sanxenxo. O tirón turístico da localidade pode explicar que ´nela se rodaran películas como Sonatas, de Juan Antonio Bardem; Flor de Santidad, de Adolfo Marsillach; ou La alegre casada, de Miguel Zacarías.