As rexións militares foron unha subdivisión administrativa de tipo militar que existiron en España desde o século XVIII até finais do século XX. Constituían unha subdivisión territorial en canto á asignación de recursos humanos e materiais con vistas á defensa, polo que as rexións militares respondían a un modelo de defensa territorial determinado de cada país.
Exército de Terra En España, cada rexión militar estaba mandada por un capitán xeneral e as guarnicións estaban compostas por rexementos, os cales se agrupaban en brigadas e divisións, mandadas polos respectivos xenerais de brigada ou de división, ou por tenentes xenerais. Existían tamén unidades auxiliares e non combatentes (por exemplo sanidade, intendencia, etc.) e outras unidades combatentes non agrupadas en rexementos e que dependían directamente do capitán xeneral (por exemplo as forzas aéreas ou navais).
OrixeEn 1492, os Reis Católicos crearon a primeira capitanía xeneral de Castela no recentemente conquistado Reino de Granada. É de obrigado recoñecemento mencionar este feito histórico que posteriormente daría pé á creación das diferentes rexións militares. dereita|miniatura|270x270px|Rexións militares de España tras a reforma de 1841. Durante o reinado de Filipe V de España foi revitalizada a antiga figura do capitán xeneral, responsable do exército real presente na súa xurisdición.
A división de España en capitanías xenerais data de 1705, cando se axustaron aos antigos reinos que constituían a Monarquía Hispánica. Tratábanse de trece rexións: Andalucía, Aragón, Burgos, Canarias, Castela a Vella, Cataluña, Estremadura, Galicia, Costa de Granada, Guipúscoa, Mallorca, Navarra e Valencia. En 1714 créase a Capitanía Xeneral de Castela a Nova a partir da Comisaría Xeneral da Xente de Guerra de Madrid.Ejército de Tierra: Capitanía General .
En 1898 volveuse a dividir o territorio peninsular en sete novas rexións militares, á vez que se constituíron as Comandancias Xenerais de Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla. En 1907 reestrutúranse as capitanías xenerais, recibindo o nome de rexións militares.
Segunda República Durante a II República, unha das reformas militares do político e ministro Manuel Azaña consistiu en suprimir as rexións militares, creando no seu lugar as divisións orgánicas mandadas por un xeneral de división.Gaceta de Madrid núm. 168, de 17 de junio de 1931 .
Franquismo Tras a guerra civil española e a instauración da ditadura franquista, mediante o Decreto de 4 de xullo de 1939 do Ministerio de Defensa Nacional estabeleceuse oficialmente a división administrativa en rexións militares e o ámbito de xurisdición das mesmas.Boletín Oficial del Estado núm. 186, del 5 de julio de 1939 . Así pois, quedaron estabelecidas as seguintes rexións: Rexións militares de España (1939-1984)IPrimeira Rexión Militar, capitanía xeneral de Madrid.IISegunda Rexión Militar, capitanía xeneral de Sevilla.IIITerceira Rexión Militar, capitanía xeneral de Valencia.IVCuarta Rexión Militar, capitanía xeneral de Barcelona.VQuinta Rexión Militar, capitanía xeneral de Zaragoza.VISexta Rexión Militar, capitanía xeneral de Burgos.VIISétima Rexión Militar, capitanía xeneral de Valladolid.VIIIOitava Rexión Militar, capitanía xeneral da Coruña.IXNovena Rexión Militar, capitanía xeneral de Granada. No caso da IX Rexión, esta non aparecía na nova estrutura de 1939. Durante o curso da segunda guerra mundial, debido ao desembarco aliado no Norte de África en novembro de 1942, estabeleceuse a creación desta nova IX Rexión Militar para reorganizar as forzas da zona.Las Fuerzas de Defensa Operativa del Territorio (DOT) . Para ese efecto, como segregación da II Rexión Militar e con capitanía xeneral en Granada, foi oficialmente creada o 1 de marzo de 1944.Diario ACB, pág. 53 (Miércoles, 22 de abril de 1959) .
Democracia Despois de 1978, xunto a outras demarcacións extrapeninsulares, o Exército de Terra español pasou de estar dividido de nove, a seis e catro rexións militares.Real Decreto 1451/1984, de 1 de agosto, polo que se reestrutura a organización militar do territorio nacional para o Exército de Terra .Real Decreto 1132/1997, de 11 de xullo, polo que se reestrutura a organización militar do territorio nacional para o Exército de Terra . É por iso que o 17 de outubro de 1984 suprimíronse a segunda (Sevilla) e novena (Granada), para constituír a Rexión Militar Sur, en aplicación do decreto de reestruturación da organización territorial para o Exército de Terra que foi aprobado nese mesmo ano.Creada la Región Militar Sur, y suprimidas la segunda y la novena. Diario El País (18/10/1984) . dereita|miniatura|270x270px|Rexións militares de España desde 1984. Rexións militares de España (1984-1997)IRexión Militar Centro, con Mando e Cuartel Xeneral en Madrid.IIRexión Militar Sur, con Mando e Cuartel Xeneral en Sevilla.IIIRexión Militar Levante, con Mando e Cuartel Xeneral en Valencia.IVRexión Militar Pirenaica Oriental, con Mando e Cuartel Xeneral en Barcelona.VRexión Militar Pirenaica Occidental, con Mando e Cuartel Xeneral en Burgos.VIRexión Militar Noroeste, con Mando e Cuartel Xeneral na Coruña. En 1997 o número das rexións reduciuse de novo en virtude dun segundo decreto de reestruturación, pasando de seis a catro.Real Decreto 1132/1997, de 11 de xullo, polo que se reestrutura a organización militar do territorio nacional para o Exército de Terra . Desde 2002 as Rexións militares tradicionais desapareceron, xa que desde entón as Forzas Armadas españolas organízanse en unidades tácticas en función dos labores e misións asignados.Real Decreto 912/2002, de 6 de setembro, polo que se desenvolve a estrutura básica dos exércitos . Rexións militares de España (1997-2002)IRexión Militar Centro, con Mando e Cuartel Xeneral en Madrid.IIRexión Militar Sur, con Mando e Cuartel Xeneral en Sevilla.IIIRexión Militar Pirenaica, con Mando e Cuartel Xeneral en Barcelona.IVRexión Militar Noroeste, con Mando e Cuartel Xeneral na Coruña.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Exército de Terra de España Rexión militar
Ligazóns externas Ministerio de Defensa de España .
Categoría:Historia militar Categoría:Historia de España Categoría:Forzas armadas de España Categoría:Organización territorial histórica de España