San Martiño de CoiaDOG do Nomenclátor da Xunta de Galicia é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Freixeiro, Matamá, Santo André de Comesaña e a cidade de Vigo. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso.
Coia é un barrio situado ao oeste do centro da cidade, construído fundamentalmente a partir da década de 1970 coma un gran polígono residencial para acoller á crecente poboación obreira que chegaba a Vigo para traballar en sectores como o naval (estaleiros) ou a automoción (Citroën).
O seu deseño urbanístico caracterízase por grandes avenidas, edificios altos en bloques abertos e amplas zonas verdes, seguindo o modelo das cidades planificadas da época. Isto dálle unha personalidade moi distintiva en comparación co centro histórico ou outros barrios máis antigos.
O IGE non inclúe esta parroquia nos seus datos censuais, senón que queda incluída dentro da entidade singular de Vigo. Segundo datos do Concello, en 2020 vivían en Coia uns 28.903 veciños, 13.752 homes e 15.151 mulleres. División eclesiástica A parroquia de San Martiño de Coia foi sufrindo as disgregacións doutras parroquias eclesiásticas conforme foi avanzando a urbanización de novos terreos. Naceron así O Perpetuo Socorro, Nosa Señora do Resío, O Cristo da Vitoria, Santo Antonio da Florida e Santa Marta de Balaídos.
Historia En 1371 o rei Henrique II de Castela fixo doazón ao bispo tudense Joán de Castro do Couto e bailía de Coia e a parroquia foi ente independente até 1901 en que a Deputación Provincial de Pontevedra incorporouna ao concello de Vigo.
Antigamente nas Travesas atopábanse as cocheiras dos tranvías. En 1941 levantouse na praza de Travesas (actual praza de América) o IES Santa Irene, grazas á doazón de Policarpo Sanz cando morreu a súa muller Irene de Ceballos.
Os primeiros edificios foron construídos pola Promotora Benéfico Popular da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. O proxecto foi para o arquitecto Desiderio Pernas, mais o barrio non se desenvolveu segundo os seus plans. Despois construíronse vivendas promovidas en cooperativa por empresas como Citroën e os estaleiros Vulcano, amais de vivendas de protección oficial.
No seu momento o barrio foi criticado polos excesos urbanísticos, que deron pé á construción de edificios sumamente altos, e pola alta criminalidade e marxinalidade na zona.
Descrición Venancio R. Riobó sinálaa como casa dos templarios a partir do ano 1200.
É un barrio residencial con numerosas zonas verdes. É un dos barrios máis poboados da cidade, estruturado en torno á Avenida de Castelao, que vai dende a Praza de América ata a Avenida de Europa (camiño para ir a Samil).
No barrio hai varios colectivos cidadáns: as asociacións de veciños "Camiño Vello" (organizadora da Marcha Ciclista de Coia, creada pola fundadora da Asociación Xuvenil desta AAVV: Nelly Pérez Giráldez) e "Cristo da Vitoria" (organizadora do Medio-Maratón de Coia), o comité de solidariedade Óscar Romero, a Asociación Xuvenil Luar, o Club Vigo Voleibol (con sede no Pavillón de Coia) e o C.D. Coya.
O calendario estival acolle en xullo as Festas da Consolación cos seus conseguintes fogos artificiais.
Instalacións miniatura|Polideportivo de Coia. Na parroquia atópase o Pavillón Polideportivo Coia, lugar en que xoga os seus partidos o Club Vigo Voleibol, equipo profesional de voleibol que milita na Superliga. Tamén se atopa o Complexo Deportivo das Travesas, onde se celebran partidos de fútbol sala, voleibol, hóckey a patíns, baloncesto etc., así coma mitins e outros actos políticos e numerosos concertos de música.
O campo de fútbol da Bouza é o feudo do C. D. Coia e do Club Victoria. Outro club de relevancia é o Balonmán Seis do Nadal-Coia.
O desaparecido campo de fútbol de Coia acolleu os partidos do Real Club Celta de Vigo até a construción do Estadio de Balaídos. Ademais, en 1922 acolleu a final da Copa do Rei de fútbol, un fito histórico que enfrontou ao FC Barcelona e ao Real Unión de Irún.
No eixo cultural e social, a actividade ferve no Centro Veciñal e Cultural de Coia, un dos máis activos da cidade, que programa unha axenda constante de cursos, obradoiros e actos. A dotación cultural complétase coa Biblioteca Pública Municipal de Coia, un servizo fundamental para estudantes e amantes da lectura. No plano arquitectónico, destaca a moderna Igrexa do Cristo da Vitoria, coñecida como a "igrexa dos picos", que se converteu nun símbolo visual do barrio.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Coia
Parroquias de Vigo
Véxase tamén
Bibliografía Iván Sestay Martínez, A Toponimia do Val do Fragoso 1 Coia (descarga, 5'6 MB), Universidade de Vigo, 2008, ISBN 978-84-8158-417-2. Coia, historia dunha parroquia. RP Edicións, 1989. ISBN 84-404-4679-9 Outros artigos Lugares de Vigo Praza da Miñoca
Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño