Antonio González y González, nado en Valencia del Mombuey (Badaxoz) o 15 de xaneiro de 1792 e finado en Madrid o 30 de novembro de 1876, foi un político e avogado español. O rei concedeulle o título de marqués de Valdeterrazo.

Traxectoria Uniuse aos batallóns de voluntarios das universidades para loitar na Guerra da Independencia. Coa restauración absolutista en España (Fernando VII) e a derogación da Constitución española de 1812, exiliouse a América onde comezou unha relación con Baldomero Espartero que lle axudou a volver a península no ano 1834. Durante a minoría de idade de Isabel II foi elixido senador pola provincia de Huelva en 1837, e ininterrompidamente dende 1834 a 1854, deputado, exercendo como un dos redactores da Constitución de 1837. Ministro de Xustiza en 1840, coa chegada de Espartero ao goberno foi nomeado Presidente do Consello de Ministros por dúas ocasións. Foi embaixador de España en Londres. En 1846 foi designado como senador vitalicio e Presidente desta cámara en 1847. En 1876, pouco antes da súa morte, foi elixido senador pola provincia de Almería.

Véxase tamén Outros artigos Lista de presidentes de España

Ligazóns externas

Ficha persoal na web do Senado . Ficha biográfica na web da Presidencia do Goberno .

Categoría:Políticos de Estremadura Categoría:Nados en Valencia del Mombuey Categoría:Nados en 1792 Categoría:Finados en 1876 Categoría:Presidentes de España Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes do Senado de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España