Soiuz TMA-11 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 10 de outubro de 2007 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-11 foi lanzada cos cosmonautas Iuri Malenchenko, Sheikh Muszaphar Shukor e Peggy Whitson a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Zaria para unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-120, STS-122 e STS-123 e dos cargueiros Progress M-61, Progress M-62 e Progress M-63. A nave regresou con Malenchenko, Whitson e Yi Soyeon a bordo (Shukor regresaría na Soiuz TMA-10) o 19 de abril de 2008.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz