Soiuz TMA-19 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de xuño de 2010 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-19 foi lanzada cos cosmonautas Shannon Walker, Fiodor Iurchikhin e Douglas Wheelock a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita dos cargueiros Progress M-06M, Progress M-07M e Progress M-08M. A nave regresou o 26 de novembro de 2010 ás 4:46 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Catherine Coleman, Dmitri Kondratiev e Paolo Nespoli.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz