Winchester '73 é un filme estadounidense de 1950 dirixido por Anthony Mann e protagonizado por James Stewart, Shelley Winters, Dan Duryea e Stephen McNally. Escrito por Borden Chase e Robert L. Richards, o filme trata sobre o cambio de propietario dun prezado rifle e a busca dun asasino fuxido. Rock Hudson interpreta un nativo americano e Tony Curtis interpreta un soldado de cabalería sitiado, ambos en pequenos papeis ao comezo das súas carreiras. O filme recibiu un nomeamento ó Premio Writers Guild of America ó mellor guión dun wéstern. Esta foi a primeira colaboración nun filme do Oeste entre Anthony Mann e James Stewart, e foi filmada en branco e negro.

En 2015, a Biblioteca do Congreso seleccionouno para a súa conservación no National Film Registry dos Estados Unidos por ser "culturalmente, historicamente ou esteticamente significativo".

Personaxes miniatura|Stewart no papel de Lin McAdam. James Stewart como Lin McAdam Shelley Winters como Lola Manners Dan Duryea como Waco Johnnie Dean Stephen McNally como Dutch Henry Brown Millard Mitchell como High-Spade Frankie Wilson Charles Drake como Steve Miller John McIntire como Joe Lamont Will Geer como Wyatt Earp Jay C. Flippen como sarxento Wilkes Rock Hudson como Young Bull John Alexander como Jack Riker Steve Brodie como Wesley James Millican como Wheeler Abner Biberman como Latigo Means Tony Curtis como Doan (acreditado como "Anthony Curtis") James Best como Crater

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Anthony Mann Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de 1950 con versión en galego