Isaura Aurea Usero Souto, nada no Carballiño o 10 de setembro de 1913 e finada o 1 de outubro de 2004 na Coruña,Fernández García (2021) foi unha profesora galega, unhas das primeiras mulleres universitarias de Galicia.Pintos (2016)

Traxectoria Isaura Usero estudou na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela en 1929 rematando a súa formación no curso de 1939-40. Pertenceu á Sociedade Española de Física e Química, sendo presentada por Natividad Mejuto e María de la Concepción Carnero no ano 1933.

Foi expedientada polo réxime franquista e posteriormente rehabilitada en 1942. Traballou como profesora na Academia Balmes de Lugo e como profesora de Matemáticas do Instituto Feminino de Bacharelato de Lugo.Fóra de Galicia traballou como profesora de Física e Química do Instituto Masculino de Salamanca nos anos 60. En 1980 obtivo a cátedra de bacharelato da materia de Matemáticas do Instituto da Coruña onde traballou ata a súa xubilación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pintos Barral, Xoana (2016): As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en 1913 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Finados en 2004