Hussein Ahmed Salah (; en ), nado en Ali Sabieh o 31 de decembro de 1956, é un corredor djibutiano de longa distancia. Especializado na proba de maratón, na cal chegou a ser dúas veces subcampión do mundo, en 1987 e 1991.

Traxectoria No Mundial de Roma 1987 gañou a medalla de prata no maratón, chegando á meta tralo kenyano Douglas Wakiihuri e por diante do italiano Gelindo Bordin. Nos anos seguintes, gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl na mesma proba.

E tres anos máis tarde, no Mundial de Toquio 1991, volveu gañar a medalla de prata, quedando tralo xaponés Hiromi Taniguchi e por diante do estadounidense Steve Spence.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ahmed Salah en World Athletics Hussein Ahmed Salah no Comité Olímpico Internacional

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Djibuti Categoría:Atletas olímpicos de Djibuti Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996