Ebala nitidissima é unha especie de molusco gasterópodo da clase dos heterobranquios, infraclase dos alogasterópodos, superfamilia dos murquisoneloideos, familia dos murquisonélidos, e subfamilia dos ebalinos, unha das integradas no xénero Ebala.Ebala nitidissima (Montagu, 1803) no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2021.Ebala nitidissima (Montagu, 1803) no GBIF. Consultado o 17 de agosto de 2021.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1803 polo naturalista inglés George Montagu, na súa obra Testacea Britannica or natural history of British shells, marine, land, and fresh-water, including the most minute: Systematically arranged and embellished with figures. Dous volumes. Londres: J. White.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Anisocycla nitidissima (Montagu, 1803) Eulima nitidissima (Montagu, 1803) Eulimella nitidissima (Montagu, 1803) Eulimella striata de Folin, 1870 (sinónimo dubidoso) Odostomia nitidissima (Montagu, 1803) Turbo nitidissimus Montagu, 1803 (protónimo)

Características É un animal de cor branca, que habita nos fondos lamacentos da zona infralitoral. A súa cuncha, de cor branca e até 2,5 mm de lonxitude, é aciculada, moi estreita, lisa e fráxil.

A protocuncha (cuncha embrionaria dos moluscos gasterópodos),Protoconcha en Asturnatura. está enrolada en sentido perpendicular á teleocuncha (a cuncha do adulto, de grego antigo τέλος telos, "fin", e cuncha). A sutura esta ben marcada, e abertua é ovoide.

Distribución Distribúese polo Atlántico, incluído o Mediterráneo.

En Galicia En Galicia encóntrase nas rías do golfo Ártabro, Muros e Noia e Vigo, sendo en todas elas a súa presenza moi escasa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gärdenfors, Ulf (2010): Rödlistade arter i Sverige 2010. Uppsala: Artdatabanken i samarbete med Naturvårdsverket. ISBN 978-91-8850-635-1. Rolán, Emilio e Otero Schmmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-8288-072-1. Templado, J. e R. Villanueva (2010): "Checklist of Phylum Mollusca". pp. 148-198, en Coll, M. et al. "The biodiversity of the Mediterranean Sea: estimates, patterns, and threats". PLoS ONE 5 (8): 36.

Outros artigos Gasterópodos Heterobranquios Lista de gasterópodos de Galicia

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1803