O 3 de xaneiro é o 3º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 362 días para finalizar o ano, 363 nos anos bisestos.

Acontecementos 1496 - Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora. 1521 - O papa León X excomunga a Martiño Lutero. 1569 - Chega a Padul (Granada) Íñigo López Mendoza, gobernador de Granada, cun exército de 2.000 infantes e 400 cabalos para emprender campaña contra os mouriscos rebelados. 1642 - Apróbase a Grande Amoestación, acta de acusación do Parlamento contra Carlos I, rei de Inglaterra. 1739 - Comeza a convención do Pardo para resolver as disputas anglo-españolas. 1749 - Sae a rúa o xornal danés Berlingske Tidende, decano da prensa diaria universal. 1777 - Batalla de Princeton. O xeneral estadounidense George Washington derrota ó británico Charles Cornwallis. 1795 - Rusia e Austria firman un acordo para a repartición de Polonia. 1815 - Austria, Gran Bretaña e Francia forman unha alianza defensiva secreta contra Prusia e Rusia. 1823 - Instálase en Cartago a Segunda Xunta Superior Gobernativa de Costa Rica. 1831 - Inaugurase a Escola de Tauromaquia de Sevilla. 1833 Gran Bretaña gaña o control das Illas Malvinas. Un decreto do goberno da provincia de Buenos Aires declarou cidade a vila de Belgrano, un dos actuais barrios populosos da Capital Federal. O HMS Beagle, con Charles Darwin a bordo, chega a Terra do Fogo. 1847 O reino de Suecia e Noruega recoñece a independencia da Arxentina. A vila de Yerba Buena, California, cambia o seu nome polo actual de San Francisco. 1851 - Establécese o monopolio de licores por parte do estado de Costa Rica. 1857 - Acoitelado o arcebispo de París, monseñor Sibour, mentres oficiaba nunha igrexa. 1861 - Guerra civil estadounidense: Delaware vota en contra de separarse dos Estados Unidos. 1868 - Xapón: a dinastía Meiji é restaurada e o Shogunato abolido. 1869 - Aparece en Londres o primeiro semáforo iluminado a gas e accionado manualmente por un policía. 1871 - A oleomargarina é patentada por Henry Bradley. 1874 - O xeneral Pavía entra nas Cortes e pon fin á Primeira República Española. 1878 - As tropas rusas ocupan Sofía e os turcos vense obrigados a solicitar negociacións de paz. 1881 - A Societé du Pantelephon du Lock instala o primeiro teléfono en Buenos Aires, na casa de Bernardo de Irigoyen na rúa Florida 531. 1883 - Asinouse na cidade de Montevideo o proxecto de Convención Telegráfica, entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. 1887 - O bandoleiro Francisco Antonio Palma Martín "Frasco Antonio", pertencente á cuadrilla de Luis Muñoz García, "El Bizco del Borge", resulta morto polo sarxento da Garda Civil de Vélez-Málaga Pedro Monleón. 1888 - Ábrese ó público o Rexistro Civil de Costa Rica, sendo o seu primeiro director Xaquín Bernardo Calvo Mora. 1896 - Ten lugar a batalla de Xatibonico en Cuba. Nela o xeneral Segura Campoy á fronte de 500 soldados españois enfróntase ó xefe cubano Serafín Sánchez que mandaba un exército de 4.500 homes, infrinxíndolle unha severa derrota. 1901 - Expídese a nome de Luis García Peinado o primeiro carné de conducir e permiso de circulación de Almería, correspondeu á matrícula Al-1. 1903 - Os traballos de investigación do enxeñeiro e académico Leonardo Torres son recoñecidos polas Academias de Ciencias de Madrid e París. 1904 - John Edward Redmond intenta relanza-lo movemento nacionalista irlandés do Home Rule. 1906 - O expresidente Alfaro volve a facerse co poder en Ecuador. 1910 Estoura en Zaragoza un explosivo e son achados outros nos arredores da catedral. Chega ao porto de Cádiz a flotilla de torpedeiros que traía a bandeira do histórico batallón de San Nicolás, que actuou brillantemente contra o Paraguai. A bandeira sería depositada no Museo Histórico Nacional. 1911 O presidente dos Estados Unidos Taft retira as súas tropas de Nicaragua despois de recoñece-lo goberno de Juan José Estrada. 700 policías londinienses sitian unha casa de Sydney Street na que se atrincheirou un grupo de anarquistas rusos. 1914 - Eddie Coortie proclámase campión mundial de pesos medios en Sydney. 1915 O presidente paraguaio Eduardo Schaerer é detido polos golpistas e liberado polas forzas leais. Arxentina: fúndase o Club Atlético Lanús. 1917 - Pío Baroja publica A ruta do aventureiro. 1919 - Apróbase a concesión da autonomía administrativa das rexións españolas que a soliciten. 1920 Por orde do titular de xustiza estadounidense Palmer son detidos 4.500 extremistas da esquerda. Tremores e volcáns en erupción destruíron totalmente varias cidades mexicanas e ocasionaron máis de 7.000 vítimas. 1921 - A Asemblea Nacional de Guatemala elixe presidente da República a José María Reyna Andrada. 1922 - Crece a tensión entre Chile e o Perú por Tacna e Arica. 1924 - Son postos en liberdade os ex concelleiros catalanistas que estaban presos en Barcelona. 1925 - Benito Mussolini toma poderes ditatoriais sobre Italia e declara ilegais a tódolos partidos da oposición 1926 - O xeneral Theodorus Pángulos autoproclámase ditador de Grecia. 1933 - As tropas xaponesas ocupan a cidade de Shan Haikuan e a reducen a entullos, causando 500 mortes. 1934 - Morren 146 mineiros na explosión dunha mina en Ossek (Bohemia). 1936 - O presidente Franklin D. Roosevelt manifesta ó congreso dos Estados Unidos as súas intencións de neutralidade. 1938 - Unha compañía constituída por nenos de 9 a 16 anos estrea en Barcelona, a obra Aurora roja, con poemas de Rafael Alberti, Apel-les Mestres e Emilio Prados. 1941 - As forzas italianas réndense en Bardia, Libia, durante a segunda guerra mundial. 1942 - Jiang Jieshi é nomeado comandante en xefe de tódalas forzas aliadas na China. 1944 Morren en León (España) entre cen e duascentas persoas ao chocar un tren de viaxeiros cunha locomotora nun túnel. Acúsase nos Estados Unidos a 30 persoas de conxurar para crear un estado fascista. 1945 A ofensiva alemá das Ardenas fracasa na cidade belga de Bastogne. Os xaponeses abandonan o porto de Arhyab (Birmania). 1946 Estréase en Madrid O galeón e o milagre, de Eduardo Marquina. Morren 40 persoas en León (México) a causa dos disturbios na toma de posesión do alcalde Ignacio Quiroz. É executado en Londres William Joyce, espía ó servizo de Alemaña. 1949 - Alejo Carpentier publica a novela O reino deste mundo. 1953 - Estréase en París a obra Esperando a Godot, do dramaturgo irlandés Samuel Beckett. 1956 - Inaugúrase o novo ferrocarril entre Pequín e Moscova. 1957 A empresa de reloxos Hamilton crea o primeiro reloxo eléctrico. Luis Somoza Debayle é elixido presidente de Nicaragua. Por primeira vez votan as mulleres neste país. 1958 - A expedición neozelandesa dirixida por Edmund Hillary chega ao Polo Sur. 1959 - Alasca é admitida como estado número 49. 1960 - Nicaragua denuncia a entrada de elementos subversivos procedentes de Honduras. 1961 - Estados Unidos rompe as súas relacións diplomáticas con Cuba. 1962 O papa Xoán XXIII excomunga a Fidel Castro por cometer abusos contra funcionarios da igrexa e institucións do Vaticano. Incendiase a igrexa barcelonesa de Santa María do Mar. 1964 - Emítese por primeira vez na televisión alemá o programa Gesundheitsmagazin Praxis ('Revista Médica Praxis'). 1968 - Cuba impón o racionamento da gasolina. 1971 - Morren 66 persoas en Glasgow o ceder unha varanda do estadio do Celtic pola presión dos espectadores. 1974 - Kuwait chega a un acordo coas empresas Gulf Oil e British Petroleum para asumir o 60 por cento das súas operacións nese estado. 1976 - Falange Española e JONS constitúense en partido político. 1977 - Constitúese a empresa Apple Computers Inc. 1979 Estados Unidos inicia a retirada do seu armamento nuclear en España. Fúndase o partido político Unión del Pueblo Navarro. 1980 Francisco Sa Carneiro é elixido primeiro ministro de Portugal. O ouro toca o récord de custo en dólares, 634 a onza. 1981 - Créase en París a Academia Europea de Ciencias, Artes e Letras, entre cuxos membros fundadores figuran os españois Pedro Laín Entralgo, Federico Sopeña e Federico Mayor Zaragoza. 1983 - A empresa Apple presenta o ordenador de sobremesa Lisa, o primeiro equipado con rato. 1986 Inscríbense no Ministerio do Interior os Premios Goya. Xunta de Andalucía, Concello de Sevilla e Sociedade Estatal Expo92 firman un convenio para canalización dos investimentos públicos e privados para a mellora das comunicacións, modernización do sector turístico e adaptación urbanística de Sevilla. Stephen P. Synnott descobre as lúas Xulieta e Portia do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. 1989 - A axencia española de noticias EFE cumpre 50 anos. Tiña entón 80 oficinas en 60 países. 1990 - O líder de Panamá, Manuel Noriega, réndese ás forzas estadounidenses. 1992 - Estados Unidos establece oficialmente relacións diplomáticas con Rusia. 1993 - En Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística. 1994 - O avión Tupolev TU-154 da Aeroliña Rusa estrélase e estoupa pouco despois de engalar de Irkhutsk, Rusia, matando 125 persoas. 1995 Barrionuevo demanda a Amedo polo caso GAL. 1996 Segundo fontes do PNV e da esquerda abertzale, ETA propuxo ao Goberno entrar en contacto antes do atentado de Vallecas, o 12 de decembro. AT&T anuncia o despedimento de case 40 000 traballadores, o 13% do seu cadro de persoal. Estoura unha bomba nun mercado de Nova Delhi, morren 6 persoas e 32 sofren feridas. 1997 O presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, prorroga por outros seis meses a suspensión do Capítulo III da Lei Helms-Burton sobre investimentos estranxeiros en Cuba. Miguel Indurain pon punto final á súa carreira. 1998 Ernesto Zedillo acepta a denuncia formal do seu ministro do Interior, acusado de se-lo máximo responsabel da matanza de 45 indíxenas en Chiapas. O PSOE propón unha nova regulación que impida a creación de comisións de investigación sobre asuntos das lexislaturas anteriores. Destituídos dous comandantes da Garda Civil implicados no caso Lasa e Zabala relacionados cos GAL. A Igrexa mexicana denuncia a postura do Goberno ante o masacre de Chiapas. Máis de 400 alxerinos asasinados na primeira xornada do Ramadán. O Goberno liberaliza a instalación de áreas de servizo nas estradas. O xornalista peruano Alfredo Barnechea publica as súas charlas con 13 grandes autores latinoamericanos na obra Peregrinos da lingua. Anatoli Kárpov vence a Anand na primeira partida do Mundial da FIDE. 1999 A moeda única europea inicia con éxito a súa primeira xornada nos mercados financeiros mundiais. O primeiro ministro paquistaní Nawaz Sharif sae ileso dun aparente atentado ao estourar unha bomba nunha ponte pouco antes de que el a cruzara. Catro persoas morreron. Juan José Ibarretxe toma posesión do cargo de "Lehendakari" do goberno Vasco, coa premisa de respecta-la Constitución. Corea do Norte desprega mísiles de medio alcance para intimidar o Xapón. Os procesos de conversión ó euro das institucións reitoras do mercado de valores desenvólvense con éxito. Parte con destino a Marte a nave Mars Polar Lander para analizar os cambios climáticos. 2000 Dezaseis persoas falecidas en Exipto debido aos enfrontamentos relixiosos. Triunfa a oposición co 40% dos votos, nas Eleccións Lexislativas de Croacia. Segundo o Servizo de Defensa da Competencia as grandes fusións aumentaron en España o pasado ano un 64%. Conchita Martínez vence a austríaca Sylvia Plischke na primeira rolda do torneo Gold Coast de tenis. Despídese a tira cómica de Charlie Brown, que se publicou durante 50 anos en 3.000 xornais de 75 países. 2001 Doce inmigrantes ecuatorianos morren arrolados por un tren en Murcia. O dracma grego incorpórase ó sistema da moeda única. O proceso de paz norteirlandés atravesa unha grave crise pola resistencia do IRA a abandonar as armas.