Os adxectivos indefinidos determinan ao substantivo de xeito impreciso. Existen adxectivos indefinidos que designan a unidade, unha parte imprecisa dunha cantidade ou unha totalidade.

+ Os indefinidos Indefinido Exemplo un/uns uns papeis unha/unhas unha pomba algún/algúns algún tipo de viño algunha/algunhas algunha vez outro/outros imos ir outro día outra/outras na outra beira

Contraccións

Estas formas contraen con de, en, con, este, ese e aquel:

  un unha uns unhas de dun dunha duns dunhas en nun nunha nuns nunhas con cun cunha cuns cunhas

  algún algunha algúns algunhas de dalgún dalgunha dalgúns dalgunhas en nalgún nalgunha nalgúns nalgunhas

{| style="border-collapse:collapse; caption-side:bottom;" cellpadding=4 cellspacing=1 border=1 !   ! outro ! outra ! outros ! outras |- ! de | doutro | doutra | doutros | doutras |- ! en | noutro | noutra | noutros | noutras |- ! este | estoutro | estoutra | estoutros | estoutras </tr>

! ese | esoutro | esoutra | esoutros | esoutras |- ! aquel | aqueloutro | aqueloutra | aqueloutros | aqueloutras

Fixádevos que de e en non contraen con algo ou alguén. Así, escribiremos: De algo me vale estudar / De alguén me terei que fiar (e non *dalgo ou *dalguén)

Só hai un caso en que con e un non contraen: cando un é un pronome indefinido: traballa con un calquera; pero: traballa cun home calquera.

Indefinidos galegos