miniatura|250px|Bandeira da Confederación Mundial Támil. O nacionalismo támil (en ) é a ideoloxía que afirma que o pobo támil constitúe unha nación e promove a unidade cultural dos támiles. O nacionalismo támil é principalmente un nacionalismo secular, que se centra na lingua e no territorio.Religious Nationalism: A Reference Handbook: A Reference Handbook, Atalia Omer, Jason A. Springs (2013) Exprésase na forma do purismo lingüístico ("Tanittamil Iyakkam"), do nacionalismo e irredentismo territorial ("Tamil Eelam"), da igualdade social ("Movemento do Autorespecto") e do renacemento támil.

Orixinalmente, o pobo támil gobernaba en Tamilakam e partes de Sri Lanka. Durante o período colonial, as áreas támil pasaron a estar baixo dominio da India Británica e Ceilán británico. Isto supuxo o fin da soberanía dos támiles e reduciunos a un status de minoría baixo o novo modelo político. Dende a independencia da India e Sri Lanka, os movementos de separatismo támil foron activamente suprimidos en ámbolos dous países.India, Sri Lanka and the Tamil crisis, 1976-1994: an international perspective (1995), Alan J. Bullion, p.32.

Unha famosa cita do poeta támil Kannadasan sobre o pobo támil e a nación sen estado: "Non hai estado sen támiles, non hai estado para os támiles."Historical Dictionary of the Tamils (2007), p. 319.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Referendos de independencia de Tamil Eelam de 2009 e 2010 Bibliografía

.

Categoría:Política da India