Pedro Voces Canóniga, nado en Vilaboa (Cacabelos) no ano 1907 e finado en Vilavella (Triacastela) o 12 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista. Traxectoria

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Formou parte cos seus irmáns Salvador e Demetrio dun grupo chamado Os Pitaciegas activo preto da aldea de Quilos (Vilafranca do Bierzo). En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Foi abatido pola Garda Civil en Vilavella o 12 de novembro de 1943 xunto con Félix Yáñez González e Antonio Vega Guerrero. O outro membro do grupo, Ovidio Peláez Rodríguez, logrou fuxir, pero morreu uns meses despois durante un combate na provincia de León.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Identificados tres guerrilleros bercianos Hallados los cuerpos de tres guerrilleros en Triacastela Autopsia dos corpos

Categoría:Nados en Cacabelos Categoría:Finados en 1943 Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en 1907