miniatura|300x300px|A bandeira de Mongolia do Sur, o "Sagrado Ceo Azul". dereita|miniatura|300x300px|Territorios dunha Gran Mongolia.
O independentismo de Mongolia Interior (en ) é un movemento político que busca a independencia de Mongolia Interior (tamén coñecida como Mongolia do Sur) e a súa separación política da República Popular da China. Este movemento é liderado principalmente pola diáspora mongol en países como o Xapón e os Estados Unidos de América, así como nalgúns países europeos.
O movemento está liderado por tres organizacións populares: o Partido do Pobo de Mongolia Interior, liderado por Temtsiltu Shobtsood (Xi Haiming); a Alianza Democrática de Mongolia Meridional, liderada por Hada; e o Partido da Unión Liberal de Mongolia, liderado por Olhunud Daichin. Os obxectivos declarados das tres organizacións son a secesión de Mongolia Interior da República Popular Chinesa e o estabelecemento dun estado independente de Mongolia Interior ou a unificación de Mongolia Interior con "Mongolia do Norte" (tamén coñecido como Estado mongol).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Panmongolismo
Categoría:Nacionalismo mongol Categoría:Historia de Mongolia Categoría:Irredentismo