Oliver Codrington, nado en Wroughton, Wiltshire, o 5 de maio de 1837 e finado en Brentford, Gran Londres, en marzo de 1921, foi un médico e numismático inglés, especializado en numismática oriental."Condrington, Oliver". En Persons of Indian Studies by Prof. Dr. Klaus Karttunen.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Oliver Codrington era fillo do reverendo Thomas Stretton Codrington, vigairo de Wroughton,Buckland, C. E. (1906). "Codrington, Oliver". Páxina 87. e da súa muller, Elizabeth, e tiña cinco irmáns.
Logo de se educar na Royal Free Grammar School de Marlborough, estudou Medicina no London Hospital Medical College, da Universidade de Londres.
Carreira médica Entre 1859 e 1885 foi membro dos corpos médicos do Exército Británico, como cirurxián xeral, e en tal condición participou nas guerras de Nova Zelandia (1864-1866). Posteriormente estivo destinado en Burma e en Bombai, ata que volveu a Inglaterra logo do seu retiro en 1886.
Carreira numismática Paralelamente á súa traxectoria como médico, Codrington foi un importante estudoso da numismática oriental, sinaladamente das emisións monetarias do mundo islámico.Longworth Dames, M. (1921). Páxina 303.
Aínda durante a súa estadía en Asia, en 1873 ingresou na delegación de Bombai da Royal Asiatic Society e o ano seguinte emprendeu a tarefa de lanzar o xornal desta filial, no que contribuíu cun bo número de artigos centrados na numismática india e en 1892 publicou un catálogo da colección de moedas da Sociedade.Véxase (1892) en "Publicacións - Artigos en Journal of the Royal Asiatic Society".
En 1877, Codrington ingresou na Royal Asiatic Society na súa sede principal de Londres, e nela comezou a xogar un papel moi activo a partir do seu regreso a Inglaterra tras a súa xubilación en 1886. Nesta Sociedade ocupou o cargo de bibliotecario honorario dende 1891 ata 1919, ano este en que se retirou de toda actividade.
En Londres, Oliver Codrington alternou o seu labor numismático entre a Royal Asiatic Society e a Royal Numismatic Society, entidade esta na que ingresou no mesmo ano do seu retorno a Inglaterra. Nela ocupou tamén o posto de bibliotecario e foi coeditor da súa revista Numismatic Chronicle, na que publicou varios artigos.Longworth Dames, M. (1921). Páxina 304.Véxase "Publicacións".
Oliver Codrington faleceu en marzo de 1921 en Brentford."Oliver Codrington (1837 - 1921)". WikiTree.com"Deaths Mar 1921". FreeBMD.org.uk
Recoñecementos
(1911): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos e os artigos publicados por Oliver Codrington ao longo da súa carreira como numismático:"Codrington, Oliver -1921 ". Digital Library Numis."Codrington, O. (Oliver) -1921". WorldCat Identities.
Monografías
(1889). Some rare and Unedited Arabic and Persian Coins [...]. S. Austin, Hertford. (1904). A manual of Musalman Numismatics. Royal Asiatic Society, Londres.
Artigos En Journal of the Royal Asiatic Society
(1883). “On a Hoard of Coins Found at Broach”. En Journal of the Bombay Branch of Royal Asiatic Society, 15 (1882-1883). Páxinas 339-370.
(1892). “Catalogue of the Arabic, Persian, Hindustani, and Turkish MSS. in the Library of the Royal Asiatic Society”. En JRAS. Vol. 24. Nº 3. Páxinas 501-569. (1904). "Note on Musalman Coins Collected by Mr. G. P. Tate in Seistan". En JRAS. Vol. 36. Nº 4. Páxinas 681-686. (1905). "Further Note on Musalman Coins Collected by Mr. G. P. Tate in Seistan". En JRAS. Vol. 37. Nº 3. Páxinas 547-553. (1911). "Coins Collected by Sir A. Henry McMahon, K.C.I.E., in Seistan". En JRAS. Vol. 43. Nº 3. Páxinas 779-784. (1913). "Note on Coinage of Ḥusayn Baikara". En JRAS. Vol. 45. Nº 2. Páxinas 432-434.
En Numismatic Chronicle
(1894). "Oriental coins". En NC. 3ª serie. Vol. 14. Páxina 88. (1894). "Note on a gold coin of Taghlak Shah". En NC. 3ª serie. Vol. 14. Páxinas 185-186. (1895). "Coinages of Cutch and Kathiawar". En NC. 3ª serie. Vol. 15. Páxinas 59-88. (1898). "Coins of the Bahmani Dynasty" En NC. 3ª serie. Vol. 18. Páxinas 259-273. (1902). "Some rare Oriental coins (Umayyad and Abbasi)". En NC. 4ª serie. Vol. 2. Páxinas 274. (1913). "Coins of the Kings of Jinus". En NC. 4ª serie. Vol. 13. Páxinas 123-129.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Buckland, C. E. (1906). Dictionary Of Indian Biography. Sonnenschein, Londres. Longworth Dames, M. (1921). "Dr. O. Codrington". En The Journal of the Royal Asiatic Society. Nº 2. Páxinas 303-304.
Ligazóns externas
Fotografías de Oliver Codrington (Royal Asiatic Society): Foto 1 - Foto 2.
Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1821 Categoría:Nados en Wiltshire Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Médicos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Bibliotecarios Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes