Mercedes Maroto-Valer, nada en Vitoria en 1971, é directora do Centro de Investigación e Innovación en Descarbonización Industrial no Reino Unido.

Traxectoria Mercedes Maroto é Directora Asociada (Sostibilidade Global) da Universidade Heriot-Watt, onde ocupa a Cátedra Robert Buchan de Enxeñería da Enerxía Sostible. A súa investigación sobre tecnoloxías de enerxía limpa, con énfase na captura e o almacenamento de dióxido de carbono, foi recoñecida con varios premios e galardóns de prestixio, entre eles o Premio Philip Leverhulme de Enxeñería en 2009.

Mercedes Maroto-Valer foi elixida como fellow da Royal Society de Edimburgo en 2015. Neste ano 2021 recibiu o premio ACES-Margarita Salas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en SINC

Categoría:Enxeñeiros de Escocia Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Vitoria