María Lourdes Moure Varela, nada na Caniza, é unha empresaria e política galega.
Traxectoria Aos 13 anos mudouse coa familia a vivir en Torneiros. Empresaria dunha axencia de seguros, presentouse ás eleccións municipais de 2015 na candidatura do PSdeG polo Porriño, no posto quinto. Só saíron catro concelleiros escollidos por esa formación, pero en novembro, logo da dimisión do concelleiro independente nas listas socialistas e exalcalde, Raúl Francés, Lourdes Moure accedeu ao pleno.
Foi elixida de novo como concelleira en 2019 e ocupou o posto de tenente de alcalde e concelleira de educación no equipo de Eva García de la Torre. O 23 de novembro de 2021 accedeu á alcaldía en funcións en substitución de García de la Torre, dimitida tralas diferenzas cos demais partidos que formaban a coalición de goberno, especialmente EU-Son.
Foi expulsada do partido socialista o 17 de setembro do 2022 por tránsfuga e non acatar os acordos do partido.
Vida persoal Vive na Relva.
Notas
Categoría:Concelleiros do Porriño Categoría:Nados na Caniza Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes