Jeremy Zucker, nado en Franklin Lakes (Nova Jersey) o 3 de marzo de 1996, é un cantante e compositor estadounidense, coñecido polas súas cancións All the kids are depressed e Comethru, que acumularon máis de 300 millóns de reproducións en Spotify o 12 de abril de 2020. O seu estilo musical defínese como unha mestura entre a indietrónica e o hip hop, aínda que el mesmo explica que se trata dunha música socialmente introvertida.
En 2015, a súa canción titulada Bout it, xunto con Daniel James e Benjamin O, tivo millóns de reproducións en diferentes plataformas musicais. Tamén colaborou con outros artistas como Blackbear, Bea Miller e Chelsea Cutler.
Traxectoria Naceu en Franklin Lakes, Nova Jersey, e estudou en Ramapo High School. Tamén estudou bioloxía molecular en Colorado College, onde se graduou en 2018. Comezou a tocar a guitarra e o piano a temperá idade e pouco despois a escribir cancións na súa propia habitación.
Antes de producir a súa música, o seu primeiro traballo foi como instrutor de snowboard, e logo pasou a ensinar esquí a nenos de catro anos.
Tras o lanzamento do seu sinxelo Bout it, presentou en agosto de 2015 o seu primeiro EP titulado Beach Island. Seguiulle unha rápida sucesión de sinxelos que recolleu nun novo EP chamado Breathe a finais dese mesmo ano. A mediados de 2016 Jeremy Zucker lanzou o seu terceiro EP; Motions asinado coa discográfica que cofundó con Daniel James e Benjamin O chamada 3OAK Music e que, posteriormente, foi relanzado en 2017. Este novo EP incluía oito cancións novas, entre elas, Heavy, que foi usada nun remix do artista Blackbear na súa canción Make Daddy Proud.
En 2017, como moitas das súas cancións conseguiran miles de reproducións en Soundcloud e Spotify, asinou un contrato coa discográfica Republic Records. Ese mesmo ano, chegou a colaboración entre Zucker e Blackbear coa canción Talk Is Overrated, dentro da súa EP titulado Ídelle lanzado ese ano.
En febreiro de 2018, Zucker lanzou un novo EP titulado Stripped e, en maio, outro máis chamado Glisten. En setembro lanzou o seguinte EP titulado Summer, que contén a súa canción máis famosa, comethru. Esta canción é unha resposta a como sentía o cantante tras graduarse da universidade e volver a Nova Jersey, na mesma casa onde creceu.
A principios de 2019 chegou Brent, un EP en colaboración con Chelsea Cutler. O 26 de xullo, lanzou o sinxelo Oh, Mexico, que encabezaría o seu álbum debut titulado Love Is Not Dying, escrito e producido enteiramente por el. O segundo sinxelo deste disco titúlase always i'll care que saíu o 7 de febreiro de 2020 xunto co videoclip musical en Youtube. O terceiro sinxelo foi lanzado o 28 de febreiro e titúlase not ur friend e o cuarto o 24 de marzo, chamado julia. Finalmente, anunciou en Instagram a data de lanzamento do disco completo, o 17 de abril de 2020.
Influencias Zucker explicou que Blink-182 é unha das súas grandes influencias, a que lle fixo querer dedicarse á música. Tamén falou de Jon Bellion, Blackbear, Eden, Bon Iver e Mac Miller, entre outros.
Discografía
Álbums
Love Is Not Dying (2020)
EP
Beach Island (2015) Breathe (2015) Motions (2016-2017) ídelle (2017) stripped. (2018) glisten (2018) summer, (2018) brent (2019) brent ii (2021)
Sinxelos
Melody (2015) Flying Kites (2015) Bout it (con Daniel James e Benjamin 0) (2015) Peace Sings (2016) Weakness (2016) Paradise (con Cisco the Nomad) (2016) When You Wake Up (2016) Upside Down (con Daniel James) (2016) Idk Love (2017) All the kids are depressed (2018) comethru (2018) You were good to me (con Chelsea Cutler) (2019) Oh, Mexico (2019) Always, i'll care (2020) Not ur friend (2020) julia (2020)
Remesturas
Atoms - Said the Sky Remix (con RL Grime e Said The Sky)(2018) Talk Is Overrated[manila killa remix] (con Blackbear e Manila Killa)(2018) Better Off [filous Remix] (con Chelsea Cutler e filousa)(2018) You Were Good to Me [shallou remix] (con Chelsea Cutler e Shallou)(2020)
Premios
2019: RIAA: ouro - comethru MC: platino - comethru
2020: RIAA: ouro - all the kids are depressed MC: ouro - all the kids are depressed RIAA: ouro - you were good to me
Xiras
Tour is overrated (2017) Jeremy Zucker suporting Lauv (2017) Jeremy Zucker, fall 2018 tour (2018) Jeremy Zucker, Europe 2019 winter tour (2019) Jeremy Zucker, Asia 2019 tour (2019) Jeremy Zucker, live in 2020 us & European tour (2020) Jeremy Zucker, live in 2020 supporting Lauv Australia and New Zealand (2020)
Notas
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Nova Jersey