Na retórica grega clásica, topos, pl. topoi, (do "lugar", elíptico para tópos koinós, 'lugar común'), en latín locus (do locus communis), refírese a un método para desenvolver argumentos. (Ver topoi na retórica clásica.)
Significado e historia Topos tradúcese de diversas formas como "tema", "liña argumental" ou "lugar común". Ernst R. Curtius estudou os topoi como temas comúns a oradores e escritores que os reelaboraron segundo as ocasións, por exemplo, na antigüidade a observación de que "todos deben morrer" era un topos na oratoria consolatoria, pois ao enfrontarse á morte o saber que a morte chega até aos grandes homes podería levar consolo.Ernst Robert Curtius, European Literature and the Latin Middle Ages, trans. from German by Willard R. Trask (New York, NY: Pantheon Books, 1953), 80. Tamén comentou o topos na invocación da natureza (ceo, mares, animais etc.) con diversos propósitos retóricos, como testemuñar un xuramento, alegrarse ou louvar a Deus ou chorar co falante.Curtius, European Literature and the Latin Middle Ages, 92–94.
Algúns topos coñecidos atópanse en diversas épocas e culturas :
A profecía O Edén e o locus amoenus (como a Arcadia) O inferno e o locus horridus (véxase Dante) O descenso aos infernos ou catábase. O diluvio (desde a Epopea de Gilgamesh). A eterna xuventude. O idilio Eros e Tánatos O manuscrito atopado. O mundo ao revés, o mundo aberrante (véxase Alicia) A viaxe de retorno á patria (véxanse a Odisea ou o mito de Breogán) A anagnórise. A captatio benevolentiae (fórmula de modestia). A idade de ouro. A invocación de deuses e musas. A illa (como espazo representativo do paraíso terrestre). A noite perigosa Os mitos da creación
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tropo
Categoría:Retórica e figuras da lingua