Eusébio da Silva Ferreira, OIH, GCM, nado en Lourenço Marques (actual Maputo) o 25 de xaneiro de 1942 e finado en Lisboa o 5 de xaneiro de 2014, foi un futbolista portugués de orixe mozambicana. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos, e destacaba pola súa velocidade e o seu mortífero disparo.

Foi o máximo anotador do Mundial de 1966 con nove goles, axudando a que Portugal obtivese o terceiro posto. Ten un Balón de Ouro (1965), trofeo ao mellor xogador europeo e dúas Botas de Ouro, trofeo ao máximo anotador europeo (1968 e 1973).

Clubs Eusébio naceu na cidade de Lourenço Marques (hoxe Maputo), en Mozambique. Comezou a xogar ao fútbol en equipos locais, coma o Sporting Club of Lourenço Marques ata que en 1961 marcha para Portugal, fichando polo Benfica por unha cantidade de £7500. É o comezo dunha longa e prolífica carreira no conxunto da cidade lisboeta. Xa na súa primeira tempada gañou a Liga Portuguesa de Fútbol, o que lles deu dereito de disputa-la Copa de Europa ao ano seguinte.

En 1962, amais de gaña-la liga e a Copa de Portugal de Fútbol, derrotaron ao Real Madrid de Ferenc Puskás e Alfredo Di Stéfano na final da Copa de Europa por 5-3, e o propio Eusébio anotou dous goles. O seu seguinte reto foi a Copa Intercontinental, e aquí enfrontáronse posiblemente ás dúas mellores escuadras do mundo: o Benfica "de" Eusébio e o Santos "de" Pelé. Tras unha derrota por 3-2 no encontro de ida no Brasil, a remontada semellaba factible na volta no estadio da Luz en Lisboa. Mais Pelé fixo aquí unha das súas mellores actuacións e o Santos arrasou ó Benfica.

En 1965 foi galardoado co Balón de Ouro, premio outorgado ao mellor xogador europeo do ano. En 1968 converteuse no primeiro gañador da recentemente inaugurada Bota de Ouro, que premia ao máximo anotador europeo. Repetiría cinco anos despois. En canto á Liga Portuguesa, entre os anos 1964 e 1973 foi o máximo anotador da competición. En total coa camisola do Benfica, segundo a FIFA, anotou 727 goles en 715 encontros,Tal coma indica no seu artigo (en alemán): Eusebio - Der "Schwarze Panther" aus Portugal wird 60. A IFFHS recoñécelle 342 goles en 373 encontros de liga entre 1960 e 1977"The World's most successful Top Division Goal Scorers of all time".

Xa preto da fin da súa carreira marchou aos Estados Unidos para xogar na North American Soccer League. Alí ficou por tres anos e xogou para tres equipos, Boston Minutemen (1975), Toronto Metros-Croatia (1976) e Las Vegas Quicksilver (1977). Este mesmo ano participou en dez encontros co CF Monterrey da Liga Mexicana de Fútbol. De volta a Portugal fichou polo SC Beira-Mar, e o União de Tomar da segunda división. En 1978 rematou a súa carreira coma futbolista.

Selección nacional Eusébio foi o máximo anotador da selección portuguesa con 41 goles en 64 encontros ata que Pauleta o superou o 12 de outubro de 2005 nun encontro contra Lituania. Fixo a súa estrea coa camisola nacional o 19 de outubro de 1961, contra Luxemburgo, encontro que rematou en derrota para a selección portuguesa por 2-4.

O seu maior éxito foi o cuarto posto no mundial de Inglaterra '66. Rematou coma máximo anotador do torneo con nove goles. Destacou especialmente nos cuartos de final, cando tras ir perdendo por 0-3 contra Corea no Norte fixo catro goles e remataron gañando por 5-3. Xogou o seu derradeiro encontro coa camisola portuguesa o 19 de outubro de 1973 contra a Bulgaria, que rematou en empate, 2-2.

Títulos Internacional 1966: Copa do Mundo 3º posto Clubs 1961: Liga Portugesa de Fútbol, Copa de Europa, Subcampión da Copa Intercontinental 1962: Copa de Europa, Copa de Portugal, Subcampión da Copa Intercontinental 1963: Liga Portugesa de Fútbol, Subcampión da Copa de Europa 1964: Liga Portugesa de Fútbol, Copa de Portugal 1965: Liga Portugesa de Fútbol, Subcampión da Copa de Europa 1967: Liga Portugesa de Fútbol 1968: Liga Portugesa de Fútbol, Subcampión da Copa de Europa 1969: Liga Portugesa de Fútbol e Copa de Portugal 1970: Copa de Portugal 1971: Liga Portugesa de Fútbol 1972: Liga Portugesa de Fútbol, Copa de Portugal 1973: Liga Portugesa de Fútbol 1974: Liga Portugesa de Fútbol 1976: Liga Mexicana de fútbol 1976: Campión da NASL

Individual 1962: Balón de Prata 1964: Máximo anotador da Liga Portuguesa 1965: Balón de Ouro, Máximo anotador da Liga Portuguesa 1966: Bota de Ouro do Mundial de Fútbol, Balón de Prata, Máximo anotador da Liga Portuguesa 1967: Máximo anotador da Liga Portuguesa 1968: Bota de Ouro, Máximo anotador da Liga Portuguesa 1970: Futbolista Portugués do Ano, Máximo anotador da Liga Portuguesa 1973: Bota de Ouro, Futbolista Portugués do Ano, Máximo anotador da Liga Portuguesa 1999: 10º na lista dos mellores xogadores do século segundo World Soccer 1999: 9º na lista da IFFHS xogador no século 2004: 7º na lista da 50 Aniversario da UEFA

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas World Cup classic players - Eusébio - fifaworldcup.yahoo.com - FIFA UEFA.com - Portugal's Golden Player Eusébio Ferreira da Silva - Goals in International Matches - rsssf.com - by José Luis Pierrend, RSSSF, 2005.

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Maputo Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Balón de Ouro Categoría:Bota de Ouro Categoría:FIFA 100 Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do CF Monterrey Categoría:Xogadores do SC Beira-Mar Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Goleadores da Copa do Mundo Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966