miniatura|upright|Charlie Rivel en Viena,, 1972. miniatura|upright|Monumento dedicado a Charlie Rivel en Montjuïc, Barcelona.

José Andreu, coñecido artistacamente como Charlie Rivel, nado en Cubelles (provincia de Barcelona) o 24 de abril do 1896 e finado en Sant Pere de Ribes o 26 de xullo de 1983, foi un pallaso catalán. Foi internacionalmente coñecido como pallaso de circo.

Traxectoria Seus pais, Pedro Andreu Pausas Rivels (catalán) e Marie-Louise Lasarre (francesa) foron artistas de circo tamén.Iniciou a súa carreira con tan só tres anos de idade, actuando no grupo Los Rivels cos seus irmáns Polo Rivel e René Rivel. Posteriormente actuou en solitario e obtivo gran popularidade en toda Europa.

Tomou o seu nome artístico de Charlie Chaplin. A lenda di que Chaplin lle preguntou nunha ocasión: "Es ti quen me imita a min ou son eu que te imita a ti?". Ó comezo da segunda guerra mundial marcaríase a súa personalidade definitiva (xersei longo, cadeira e guitarra). Tería que permanecer na Alemaña nazi durante dous anos, cumprindo os seus contratos firmados.

En 1954 regresou a Barcelona, onde se converteu nunha estrela do Circo Price; era moi orixinal o seu número como "pallaso ouveador".

En 1971 participa nun filme de Federico Fellini, Clowns.

Categoría:Personalidades de Cataluña Categoría:Nados en Cubelles Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi