Eugenio Casimiro López López, nado en Ourense o 18 de setembro de 1921 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1995Necrolóxica en ABC, foi un fiscal e político galego. Traxectoria De familia de orixe sarriá. Licenciado en Dereito. Pertenceu á carreira fiscal. Foi gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Cuenca. Delegado nacional de Xuventudes (1962), conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1963-1971) e director xeral de ensino primario (1968). Foi fiscal da Audiencia Provincial de Toledo (1975)Noticia en ABC. En 1988 foi nomeado tenente fiscal inspector da Fiscalía Xeral do Estado.

Homenaxes Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e as grandes cruces do mérito militar, naval e aeronáutico.

Benfeitor do concello de Sarria Ao seu impulso débese a creación do Colexio Nacional Mixto Comarcal, hoxe Colexio de Ensino Primario "Frei Luís de Granada", e dunha Escola Fogar. Foi nomeado fillo adoptivo de Sarria, sendo obxecto dunha multitudinaria homenaxe popular, con ocasión da inauguración do Colexio.

Colexio en Cee O colexio público de Cee levou o seu nome ata o ano 2023, no que se cambiou polo de Colexio Público Plurilingüe Vila de CeeCEIP Eugenio López

Rúas en Camariñas e Ortigueira En CamariñasAvenida de Eugenio López e OrtigueiraRúa Eugenio López hai rúas co seu nome.

Vida persoal Casou con María del Carmen Simón Albadalejo.

Notas

Categoría:Fiscais de Galicia Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes