Edmund McIlhenny nado en 1815 en Hagerstown (Maryland) e finado o 25 de novembro de 1890 na illa Avery (Luisiana), foi un empresario e fabricante estadounidense.
Traxectoria Edmund McIlhenny fundou a McIlhenny Company, que foi a primeira en producir a salsa Tabasco.Tabasco Sauce History and Lore en thespruceeats.com.
Aínda que a lenda da compañía atribúe a invención da salsa a McIlhenny, crese que o propietario da plantación, Maunsel White, foi o primeiro en cultivar e elaborar unha salsa con pementos de Tabasco nos Estados Unidos, e deulle a receita e sementes do pemento ao seu amigo McIlhenny.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tabasco (Capsicum) Salsa Tabasco
Categoría:Nados en 1815 Categoría:Nados en Maryland Categoría:Finados en 1890 Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América