Ruth Rogan Benerito, nada en Nova Orleáns o 12 de xaneiro de 1916 e finada en Metairie, Luisiana o 5 de outubro de 2013, foi unha química e inventora estadounidense coñecida polo seu traballo relacionado coa industria téxtil, entre o que destaca o desenvolvemento das teas de algodón resistentes ás engurras. Chegou a rexistrar 55 patentes.

Traxectoria Ruth Rogan Benerito é famosa polo seu traballo en relación co uso de cloruros de ácidos básicos na produción de algodón, polo que ten rexistrado 55 patentes e que permite máis roupa libre de engurras e duradeira. Ela inventou as teas de algodón resistentes ás engurras mentres traballaba nos laboratorios do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA) en Nova Orleans no ano 1950. Antes desta innovación, unha familia necesitaba un tempo considerable para pasar o ferro. Benerito atopou unha maneira de tratar quimicamente a superficie de algodón que permitiu mellorar as propiedades das teas: non só as fai resistente ás engurras, senón tamén ás manchas ás chamas.A invención dicíase que " salvara a industria do algodón".

Premios 1968 Federal Woman Award 1968 Southern Chemist Award 1970 Medalla Garvan-Olin 1972 Southwest Rexional Award da American Chemical Society 1981 Diploma de honora da Universidade de Tulane 2002 Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award 2008 National Inventors Hall of Fame Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Inventor of the Week" biografía en MIT.edu Ruth Benerito en Wrinke Free Stuff Biografía no Chicago Tribune Lista de patentes de Ruth R. Benerito en Justia patents

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana