Freweini Mebrahtu (), nada na rexión de Tigray en 1965, é unha inventora e enxeñeira química que gañou o premio do Heroe da CNN do ano 2019 polo seu activismo na mellora do acceso das mozas á educación.

Traxectoria Freweini naceu nunha vila rural do Norte de Etiopía e foi educada nos Estados Unidos. Estudou enxeñaría química na Prairie View A&M University. Á fin dos seus estudos, coincidente coa do réxime Derg volveu a Etiopía en 1992.

Na busca de proxectos nos que axudar na súa vila nativa e inspirada pola súa propia experiencia persoal, que se vira afectada polos tabús culturais sobre a menstruación, dialogou coas mozas e mulleres da rexión sobre como xestionaban os seus períodos. O método máis estendido era a adaptación das teas usadas para cubrir a cabeza, as netalah, envolvéndose nelas para lidar co sangrado. Os métodos máis tradicionais pasaban polo uso dun burato cavado na terra sobre o que as mulleres sentarían ata a fin dos seus períodos.

En 2005, patentou unha compresa menstrual reutilizable que podía fixarse á roupa interior cun velcro. Logo dunha primeira fase de prototipos que foron probados polas mozas da súa rexión, Tigray, abriu en 2019 a fábrica Mariam Seba alí mesmo, na vila de Mekele, coa axuda dun préstamo do Banco Etíope de Desenvolvemento .

Mariam Seba empregaba en 2019 a máis de noventa persoas da rexión de Tigray en Etiopía, do que un 90% eran mulleres e fabricaba 750 000 compresas ao ano. reutilizables que son doaadas principalmente a organizacións non gobernamentais.

O seu produto menstrual sumado á súa campaña educativa axudaron en eliminar o estigma que rodea a menstruacion e evitou o abandono escolar por parte das mozas relacionado con el. A organización sen ánimo de lucro Dignity Period distribuíu máis de 150 000 produtos menstruais de balde que foran producidos na fábrica de Freweni. Os datos indaron que a asistencia á escola entre as mozas mellorara nun 24% logo deste esforzo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Día da Hixiene Menstrual Pobreza menstrual

Ligazóns externas

Sitio web de Mariam Seba Products Factory (MSPF) Introducing Dignity Period’s Freweini Mebrahtu Ethiopia’s Freweini Mebrahtu named CNN hero 2019 por Borkena. 9 de decembro do 2021 CNN Names Ethiopian Innovator Freweini Mebrahtu This Year's 'Hero of the Year' por Okayafrica.

Categoría:Menstruación Categoría:Enxeñeiros químicos Categoría:Enxeñeiros de Etiopía Categoría:Hixiene feminina Categoría:Alumnos da Universidade de Prairie View A&M Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades sen imaxes