Simon e Simon (Simon & Simon) é o nome dunha serie de detectives norteamericana protagonizada por Gerald McRaney e Jameson Parker. No 1978 fíxose o episodio piloto en Florida baixo o título de Pirate's Key, pero inmediatamente a CBS levaría a rodaxe a San Diego (California) onde permanecería durante os sete anos que estivo no aire na CBS.
Sinopse A serie xira arredor de dous irmáns completamente opostos: Rick (McRaney) e A.J. (por "Andrew Jackson") Simon (Parker). Rick era un veterano da guerra de Vietnam, polo que tiña moita máis rodaxe nas rúas ca seu irmán, A.J., que foi á escola de dereito e tiña unha aparencia máis intelectual. Rick prefería cousas que eran vistas polo seu irmán como de baixo nivel, como a súa vella camioneta, mentres A.J. coidaba o seu diñeiro para a súa maior paixón, un Chevrolet Bel Air convertible do 1957, e máis tarde un Chevrolet Camaro Z28). Rick vivía nun barco. A.J. prefería intentar facer primeiro as cousas segundo as normas, mentres Rick era máis de espírito libre, facendo a xustiza pola súa conta. Así a todo, os dous comezaron unha aventura xuntos montando unha axencia de detectives.
A piques estivo de ser suspendida a rodaxe en 1982, xa que tiñan en mente a nova serie Magnum, pero os éxitos de audiencia fixeron posible a convivencia das dúas emisións durante anos, e mesmo cruzaron as series nun episodio de cada unha.
Elenco de actores Richard "Rick" Simon - Gerald McRaney Andrew Jackson "A.J." Simon - Jameson Parker Cecilia Simon - Mary Carver (súa nai) Myron Fowler - Eddie Barth (episodios 1-36) (ex-xefe de A.J.) Janet Fowler - Jeannie Wilson (episodios 1-43) (ex-moza de A.J.) Tte. Marcel Prust "Downtown" Brown - Tim Reid (episodios 43-127) Tte. Abigail Marsh - Joan McMurtrey (episodios 128-156)
Emisións
Estados Unidos: CBS Galicia: TVG País Vasco: ETB1 Cataluña: TV3 Suecia: Sveriges Television Alemaña: ARD, Super RTL, Das Vierte Estados Unidos: Sleuth Channel (reposición) Canadá: Deja View (reposición)
Simon & Simon: In Trouble Again (1995) Esta secuela estreouse o 23 de febreiro de 1995. Pasan algúns anos e A.J., agora casado, traballa en Seattle como avogado. Rick visítao facendo un alto na súa ruta cara á entrega dun luxoso iate. O problema vén cando o iate é secuestrado, con mamá Cecilia a bordo.
DVD A primeira tempada existe en formato DVD desde outubro do 2006.Amazon
Véxase tamén Ligazóns externas Simon & Simon TV Show at Project 80's TV
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1981 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1988 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da CBS