Jeanette Winterson, nada en Manchester o 27 de agosto de 1959, é unha escritora inglesa, cuxas obras poden situarse dentro do campo posmoderno.
Traxectoria Adoptada por Constance e John William Winterson o 21 de xaneiro de 1960, unha parella evanxélica, creceu en Accrington, Lancashire. Criada na Igrexa Pentecostal de Elim, de nena quería ser misioneira e aos seis anos estaba escribindo sermóns.Libby Brooks. Power surge, The Guardian, 02.09.2000, en inglés; acceso 23.02.3013
Cando con 16 anos lle dixo á súa nai que estaba namorada doutra muller, deulle dúas opcións: "Ou marchas desta casa e non volves nunca ou deixas de ver a esa moza".Memorias de una familia disfuncional , revista Qué Pasa, 21.02.2013; acceso 23.02.2013 Jeannete deixou a casa, e esta experiencia quedaría máis tarde reflectida na súa primeira obra, Forbidden Fruit, que publicou aos 24 anos. Posteriormente, en 1990, a novela sería adaptada pola BBC para unha miniserie cun guión do autor.
A esta novela seguiron máis dunha vintena de obras nas que se trata con frecuencia o tema do lesbianismo e a identidade sexual, e as relacións entre os seres humanos e a tecnoloxía.Está considerada unha das mellores escritoras anglosaxoas da época contemporánea.
Foi condecorada en 2006 coa Orde do Imperio Británico. Colabora habitualmente con publicacións periódicas do seu país.
Notas
Categoría:Nados en Manchester
Categoría:Nados en 1959
Categoría:Escritores de Inglaterra
Categoría:Escritores en lingua inglesa