Jean-Paul Divo, nado na cidade de Luxemburgo o 8 de agosto de 1937 e finado en Zürich o 13 de febreiro de 2014, foi un numismático luxemburgués.

Traxectoria

Primeiros anos Jean-Paul Divo naceu en Luxemburgo o 8 de agosto de 1937. Desde a súa infancia amosou interese pola aprendizaxe de idiomas e tamén pola xeografía e a historia, sinaladamente polas moedas e as súas implicacións históricas,Amandry, M. (2014) . e consultaba adoito os catálogos de poxas numismáticas de casas como Seaby e Spink, de Londres. Na Asociación Numismática de Luxemburgo tomou contacto con diversos numismáticos destacados, entre eles Raymond Weiler, con quen estableceu unha amizade de por vida.Neumann-Lysloff, L. (2014).Von Roten, H. (2014). Páxina 58.

Comerciante numismático Logo do seu servizo militar, solicitou un traballo na distribuidora de moedas Seaby, en Londres, e foi contratado entre 1958 e 1962, anos nos que ampliou os seus coñecementos de numismática antiga e medieval, e cultivou novas amizades.

En 1963, Leo Mildenberg, fundador do departamento de numismática do Banco Leu de Zürich, ofreceulle traballo no departamento e Jean-Paul instalouse nesta cidade coa súa familia. Permaneceu no seu posto no Banco Leu ata 1977, e nel chegou a ser vicedirector do departamento de numismática. Nese mesmo ano asumiu a dirección da sucursal da casa de poxas londiniense Spink en Zúrich, e en 1995 incorporouse como socio á compañía Adolph Hess AG, que pasou a denominarse Hess-Divo. Finalmente, en 2001 retirouse dos negocios numismáticos.Von Roten, H. (2014). Páxina 59.

Erudito numismático Paralelamente á súa actividade comercial, durante estes anos Jean-Paul Divo publicou numerosos libros e artigos sobre temas numismáticos, entre os que cómpre salientar varios traballos que son referencia sobre a moeda suíza desde o século XVII, escritos xunto co numismático suízo Edwin Tobler.Zäch, B. (2014). Páxinas 60-62.Véxase (1967), (1974) e (1987) en "Publicacións".

Logo da súa xubilación en 2001 continuou o seu interese pola numismática con novos estudos e publicacións, así como con outras actividades, algunhas tan destacables como o rexistro da totalidade dos fondos de moedas suízas do Gabinete de Moedas da Biblioteca Nacional de Francia, co apoio do director desta institución, Michel Amandry.

No ámbito asociativo e académico, Jean-Paul Divo foi membro fundador da Asociación Suíza de Numismáticos Profesionais e tamén formou parte da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais, que presidiu entre 1997 e 2001."Jean-Paul Divo, 1937-2014". En The E-Sylum. Vol. 17. Nº 8. 23 de febreiro de 2014, Así mesmo, foi membro doutras entidades, como a Sociedade Francesa de Numismática, a Sociedade Suíza de Numismática ou a Asociación Libre de Numismáticos de Zúrich.

Vida persoal En 1963 casou en Zürich con Diana Davis, unha muller inglesa que coñecera durante a súa etapa en Londres, coa que tivo dúas fillas e un fillo. En segundas nupcias casou con Françoise Page.

Jean-Paul Divo finou en Zürich o 13 de febreiro de 2014.

Recoñecementos

(1997): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch). (2005): Oficial da Orde do Mérito do Gran Ducado de Luxemburgo.

Publicacións Jean-Paul Divo publicou numerosos artigos sobre numismática en diversas revistas especializadas do seu tempo. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis representativos."Divo, Jean-Paul 1937-2014 ". Digital Library Numis."Divo, Jean-Paul". WorldCat Identities."Jean-Paul Divo (1937-2014). Bibliographie". Coingallery.de

(1966). Die Taler der Schweiz. Bank Leu Numismatische Abt, Zürich. (1967). Die Münzen der Schweiz im 19. und 20. Jahrhundert. Helvetische Republik. Kantonale Münzen. Bundesmünzen (con E. Tobler). Bank Leu Numismatische Abt, Zürich. (1969). Modern Greek coins, 1828-1968. Bank Leu Numismatische Abt, Zürich. (1971). Die neueren Münzen der Schweiz und des Fürstentums Liechtenstein 1850-1970. Kricheldorf, Friburgo. (1974). Die Münzen der Schweiz im 18. Jahrhundert (con B. Schneider e E. Tobler). Bank Leu Numismatische Abt, Zürich. (1979). Die deutschen Goldmünzen von 1800-1872 (con H-J. Schramm). Schulten, Frankfurt. ISBN 9783921302224 (1985). Schweizer Proben. Eine Zusammenstellung der offiziellen Proben zu den Bundesmünzen seit dem Jahre 1850. Numis Post, Bad Ragaz. (1987). Die Münzen der Schweiz im 17. Jahrhundert (con E. Tobler). Bank Leu Numismatische Abt, Zürich. (1998). Münzkatalog Schweiz 1850-1997. Kursmünzen, Schützentaler, Gedenkprägungen. Numis Post, Bad Ragaz. ISBN 9783952150313 (2000). Die Münzen und Medaillen der Fürsten von Liechtenstein. Hess-Divo, Zürich. ISBN 9783905501520

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amandry, M. (2014). "Obituaries: Jean-Paul Divo (1937-2014) ". En International Numismatic e-Newsletter. International Numismatic Council. Nº 17. Xullo. Neumann-Lysloff, L. (2014). "Paul (Jean-Paul) Divo, 8.8.1937-13.2.2014". En Coins Weekly. 12 de marzo de 2014. Von Roten, H. (2014). "Jean-Paul Divo (1937-2014)". En Schweizer Münzblätter. Vol. 64. Nº 254. Páxinas 58-60. Zäch, B. (2014). "Die numismatischen Veröffentlichungen von Jean-Paul Divo". En Schweizer Münzblätter. Vol. 64. Nº 254. Páxinas 60-62.

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados na cidade de Luxemburgo Categoría:Numismáticos de Luxemburgo Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger Categoría:Personalidades sen imaxes