Atelecyclus undecimdentatus é unha especie de caranguexo da familia Atelecyclidae. Como nome común ten o de durmiñón, dormiñón ou dormiñón común.A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 8 de xullo de 2022. Descrición O corpo deste caranguexo é bastante peludo, cunha cor crema pálida, con marcas púrpuras pola carapa. A carapa ten unha textura lisa e un bordo de longos peliños. É máis ancho que longo, medrando até 5 cm longo e 6,3 cm de ancho. As marxes laterais poteriores converxen fortemente.

Atelecyclus undecimdentatus está a miúdo moi sucio, o que pode alterar a súa aparencia. Ten unhas antenas curtas, sendo só sobre un cuarto da lonxitude da carapa. As pinzas son similares, con pencas negras. Ambas máis as patas teñen moitos peliños.

Este caranguexo é ás veces cofundido co Atelecyclus rotundatus. Con todo, Atelecyclus rotundatus distínguese por ser a súa carapa máis estreita e máis lisa.

Distribución Esta especie atópase nas costas do océano Atlántico, pola Canle da Mancha, e raramente no mar Mediterráneo.

Hábitat Atelecyclus undecimdentatus normalmente vive en augas ao redor de 30 metros de profundidade, nos fondos de xabre, ás veces baixo rochas.

Notas

Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1783 Categoría:Braquiúros