James Craig Adamson, nado en Warsaw, Nova York, o 3 de marzo de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-28 e STS-43.

Traxectoria Adamson graduouse en enxeñaría e como tenente segundo da Armada pola Academia Militar de West Point en 1969 e é máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Princeton en 1977.

Estivo empregado pola NASA no Centro Espacial Lyndon B. Johnson entre 1981 e 1992 traballando como piloto de probas e oficial de aerodinámica no control de misión durante a fase de probas do programa do transbordador espacial. Foi seleccionado como astronauta en 1984, participando nas misións STS-28 e STS-43 e pasando un total de 13,93 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1992, aínda que seguiu como consultor da axencia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-28 STS-43

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Nova York