Abdou Thiam, nado o 13 de agosto de 1998 no Senegal, é un xogador de baloncesto profesional senegalés que xoga no Juaristi ISB da Liga LEB Ouro.

Traxectoria A ilusión de Abdou era ser xogador profesional de baloncesto e ocorréuselle que a mellor forma de promoverse era publicando un vídeo en YouTube onde se mostraba realizando mates nunha canastra en Dakar. O seu vídeo non pasou desapercibido e recibiu chamadas de diferentes equipos europeos, recalando finalmente nas Canarias, onde tras un curto periplo aterrou en Betanzos.

Chegou dende Senegal con 18 anos e durante 3 tempadas formaría parte do Santo Domingo de Betanzos en liga EBA, onde ademais de mellorar as súas condicións técnicas e tácticas axudáronlle en fortalecer o seu impoñente físico (á súa chegada pesaba só 86 quilogramos e medía 2.11 metros).

Durante a tempada 2018-19 en liga EBA, o xogador senegalés promedió 30 minutos de xogo nos que anotou 17.6 puntos e capturou 14.3 rebotes para unha valoración media de 29 puntos.

En xuño de 2019, o Leyma Coruña anuncia a fichaxe do pivote senegalés para as súas filas na tempada 2019/2020.

Para a tempada 2021-22, foi cedido ao Juaristi ISB da liga LEB Oro.

O 30 de xuño de 2022 o Leyma Coruña e o xogador senegalés acordan a finalización do contrato que aínda estaba vixente.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Feb.es

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Xogadores de baloncesto do Senegal Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña