Moema Libera Viezzer, nada en Caxias do Sul (Rio Grande do Sul) en 1938, é unha escritora, socióloga e activista feminista brasileira."Se Me Deixam Falar" - Moema Viezzer. Causa Operária online

Traballou en proxectos educativos na rexión nordeste do Brasil. Estivo exiliada durante o réxime militar. Entre 1973 e 1974 traballou no Perú, Inglaterra e México. Trala proclamación da amnistía de 1977 volveu ao Brasil, e en 1980 fundou a Rede Mulher de Educação.Associad@s-Educador@s . Rede Mulher de Educação

A súa obra principal é Se Me Deixam Falar - Domitila (1976), baseada na historia real da activista feminista e traballadora boliviana Domitila Barrios de Chungara. Coñecéraa en 1975, durante os actos do Ano Internacional da Muller en México.

En 2007 recibiu o Diploma Bertha Lutz do Senado brasileiro. Foi unha das 52 mulleres brasileiras incluídas na candidatura de 1000 mulleres ao Premio Nobel da Paz de 2005.

Notas

Ligazóns externas VIEZZER, Moema. Feminist Transformative Leadership: A learning experience with peasant and gatherer women in Brazil . Conferencia de Dame Nita Barrow, Toronto, 2001

Categoría:Feministas do Brasil