A tempada 2022-2023 da Naisten Liiga foi a 41ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga estará integrada por 10 equipos, que serán os mesmos que na tempada precedente coa excepción do descendido Vaasan Sport, ocupando o seu lugar Rauman Lukko. Pola súa banda Kiekko-Espoo defendeu o título conquistado nas dúas tempadas anteriores.
A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro.
Ao final da tempada o HIFK proclamouse campión logo de derrotar nas series finais ao K-Espoo (3-0), mentres que o KalPa fíxose coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (3-1).
Movementos na liga Mudanzas na dirección da liga O 9 de setembro a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo fixo público a través do seu sitio web que Aija Saha, quen xa fora directora de márketing da SM-liiga, pasaría a presidir a Naisten Liiga a partir do 1 de outubro dese mesmo ano substituíndo a Eeva Perttula, que fora a presidenta durante as catro tempadas anteriores e que decidiu abandonar a xestión da liga. Ao mesmo tempo sinalaba que o antigo director executivo de HIFK, Jukka Valtanen, sería o vicepresidente. A mudanza na xestión, encabezada agora por un dúo cunha ampla experiencia en márketing e coñecedora do deporte, foi ben recibida na Liiga, a liga profesional masculina do país nórdico, o seu presidente Harri Nummela sinalaba:
Mudanzas nos corpos técnicos +Equipo2021–22 2022–23 DetallesPretempadaHPKHarri NummelaJari RiskuElixido en abril de 2022, Risku é o quinto adestrador xefe de HPK noutras tantas tempadas e sucede no cargo a Nummela, quen levou o equipo aos play-offs dende a división inferior na tempada precedente. O cargo máis recente de Risku foi o de adestrador xefe da selección austríaca no for the Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo de primeira división 2022 grupo A, e anteriormente tamén do KMH Budapest na European Women's Hockey League (EWHL). Foi o primeiro adestrador de Team Kuortane dende a súa creación en 2010 ata 2018, e adestrou a selección finlandesa sub-18 entre 2014 e 2018.IlvesLinda LeppänenMarjo VoutilainenA principios de abril Linda Leppänen anunciou que que deixaba o cargo de adestradora xefa logo de dúas tempadas no cargo, para pasar máis tempo coa súa familia. A principios de maio, Ilves anunciou que Voutilainen fora seleccionada como a súa suucesora. Voutilainen adestrara previamente a KalPa Naiset durante seis tempadas, entre 2016 e 2022, e o equipo gañou a súa primeira medalla de prata do campionato finlandés e chegou en dúas ocasións ás finais da Aurora Borealis Malja baixo a súa dirección. Antes da súa carreira como adestradora, fora dianteira coa selección finlandesa, coa que foi medallista olímpica e mundial.KalPaMarjo VoutilainenMika VääräläLogo dunha difícil tempada na que KalPa conseguiu por pouco a derradeira praza para os play-offs logo de ter conseguido a prata no campionato finlandés un ano antes, o equipo decidiu non renovar a Voutilainen como adestradora xefa e, n cambio, seguir unha nova dirección coa contratación de Väärälä. Väärälä uniuse a KalPa logo de exercer como adestrador xefe do KMH Budapest durante tres tempadas, nas que o equipo húngaro gañou a EWHL Championship tres veces, e EWHL Super Cup dúas. Tamén foi adestrador asistente do combinado nacional húngaro dende 2016.KärpätSamuli HassiSanna LankosaariHassi deixou vacante o posto de adestrador xefe de Kärpät logo de aceptar un cargo de director de adestramento co equipo sub-18 de Vaasan Sport na U18 SM-sarja. Lankosaari ascendeu ao posto de adestradora xefa dende o cargo de adestradora asistente, cargo que ocupaba dende 2018. Antes da súa carreira como adestradora, Lankosaari fora dianteira coa selección finlandesa e egañara unha medalla de bronce no torneo olímpico inaugural feminino nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998. Tamén foi tres veces medallista de bronce no Campionato do Mundo e a máxima anotadora de Finlandia no Campionato de Europa feminino de 1996. Xogou sete tempadas con Kärpät Naiset na Naisten SM-sarja, entre 1994 e 2001.
Competición Estrutura de competición O 28 de abril de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunción que a 40ª edición da Naisten Liiga mudaría o modelo respecto da tempada precedente, e que esta estrutura se mantería na tempada 2023-24. Deste xeito as divisións superior e inferior desapareceron e competición dividiuse nunha liga regular e os play-offs polo título ou liguiña pola permanencia:
Na liga regular os dez equipos xogan unha cuádrupla volta entre eles, de xeito que cada equipo disputa un total de 36 partidos. Ao finalizar a liga regular os oito mellores clasificados xogan os play-offs pola Aurora Borealis Malja, mentres que os dous equipos restantes deben xogar pola permanencia fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis. Os play-offs polo título dispútanse en eliminatorias ao mellor de cinco encontros, coa excepción da medalla de bronce, que se decide a partido único. Pola súa banda, os dous peores equipos da liga regular xogan fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis unha liguiña a dobre volta, na que os dous mellores clasificados disputarán a Naisten Liiga 2023-2024.
A liga regular comezou o 10 de setembro de 2022 coa disputa en Hämeenlinna das dúas primeiras xornadas, e finalizará o 19 de febreiro de 2023.
Equipos participantes Na tempada 2022-23 da Naisten Liiga tomaron parte na competición un total de dez equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, coa excepción do Sport de Vaasa, que descendeu á Naisten Mestis e foi substituído polo Lukko, que ascendeu dende a segunda categoría. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Satakunta, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.
Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).
NomeCidadeEstadioCapacidadeAdestrador/aCapitáStadin GimmatHIFK Naiset12px HelsinquiMalmin jäähalli500Saara NiemiKaroliina RantamäkiHPK12px HämeenlinnaMetritiski Areena700Jari RiskuHeta SeikkulaIlves12px TampereTesoman jäähalli1 500Marjo VoutilainenJenna LehtiniemiKalPa12px KuopioOlvi Areena5 224Mika VääräläJohanna JuutilainenK-Espoo12px EspooTapiolan harjoitusareena750Sami HaapanenEmmi RakkolainenKärpät12px OuluOulun Energia Areena6 614Sanna LankosaariAino KaijankoskiLukko12px RaumaWestinghouse AreenaSami PiilikangasMaija KoskiRoKi12px RovaniemiLappi Areena3 500Tuomas LiitolaEveliina OllilaTeam Kuortane12px KuortaneKuortaneen jäähalli350Mira KuismaTPS12px TurkuMarli Areena2 875Terhi MertanenElina Heikkinen
Liga regular A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro. Os emparellamentos foron os seguintes:
HoraEstadioLocalVisitanteSábado 10 de setembro 11:00 Metritiski-areena TPS HIFK 12:00 Pohjantähti Areena IlvesKuortane 14:00 Metritiski-areena K-Espoo KalPa 15:00 Pohjantähti Areena HPK Kärpät 17:00 Metritiski-areena Lukko RoKiDomingo 11 de setembro 10:00 Pohjantähti Areena Kärpät K-Espoo 11:00 Metritiski-areena HPK RoKi 13:00 Pohjantähti Areena KalPa Lukko 14:00 Metritiski-areena Kuortane TPS 16:00 Pohjantähti Areena HIFK Ilves
Clasificación Fonte: Leijonat.fi
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1HIFK 36 29 3 0 4 197 57 +140 932KalPa 36 29 2 2 3 197 65 +132 933K-Espoo 36 23 2 1 10 142 70 +72 744HPK 36 20 3 1 12 116 78 +38 675Ilves 36 16 4 3 13 105 98 +7 596Team Kuortane 36 15 3 4 14 91 89 +2 557TPS 36 14 2 3 17 124 140 -16 498Kärpät 36 7 1 5 23 92 150 -58 289Lukko 36 1 4 1 30 59 227 168 1210RoKi 36 2 0 4 30 44 193 -149 10
Resultados
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación miniatura|Michaela Pejzlova foi a máxima pontuadora e asistente da liga regular. As seguintes dez xogadoras lideraron a liga regular en puntos.
XogadoraEquipo1Michaela PejzlováHIFK 31 32 50 82 22Elisa HolopainenKalPa 28 41 34 75 43Julia LiikalaHIFK 30 28 38 66 104Jenna KailaKalPa 36 28 31 59 145Emilia VesaHIFK 28 22 31 53 186Jenna HietalaKalPa 35 29 21 50 65Johanna JuutilainenKalPa 36 14 36 50 88Clara RozierHIFK 34 24 25 49 229Júlia MatejkováHPK 34 15 28 43 2010Annii-Elina MontonenK-Espoo 34 21 21 42 6
Porteiras miniatura|Tiina Ranne (KalPa) liderou as estatísticas das porteiras. As seguintes porteiras lideraron a liga en porcentaxe de paradas.
Xogadora Team 1Tiina RanneKalPa 201186:55 16 2 501 33 3 93,8 1,672Kiia LahtinenHIFK 181080:31 17 1 349 24 4 93,6 1,333Salla SivulaHPK 261482:59 15 8 611 49 2 92,6 1,984Emilia KyrkköKuortane 241430:18 9 12 692 56 3 92,5 2,355Tiia PajarinenK-Espoo 211229:49 13 6 389 34 5 92,1 1,666Juuli KivimäkiIlves 15837:31 7 5 384 33 3 92,1 2,367Melisa MörönenIlves 19947:58 10 9 415 44 3 90,4 2,788Kati AsikainenKärpät 291740:11 6 21 892 106 0 89,4 3,659Suvi SaarinenTPS 13778:32 4 7 374 46 0 89,0 3,5510Janika JärvikariRoKi 211121:41 1 18 740 95 0 88,6 5,08
Play-offs
Cuartos de final HIFK (1) vs Kärpät (8)
HIFK gaña a serie 3 - 0.
KalPa (2) vs TPS (7)
KalPa gaña a serie 3 - 0.
K-Espoo (3) vs Kuortane (6)
K-Espoo gaña a serie 3 - 1.
HPK (4) vs Ilves (5)
HPK gaña a serie 3 - 1.
Semifinais HIFK (1) vs HPK (4)
HIFK gaña a serie 3 - 0.
KalPa (2) vs K-Espoo (3)
HPK gaña a serie 1 - 3.
Partido polo bronce
Finais
Estatísticas das series Xogadoras Fonte: Leijonat.fi
XogadoraEquipo1Michaela PejzlovaHIFK 9 11 13 242Sanni VanhanenHIFK 9 12 8 203Emilia VesaHIFK 9 7 12 19
Porteiras Fonte: Leijonat.fi
Xogadora Equipo 1Kiia LahtinenHIFK 8480:00 8 0 153 7 4 95,6 0,882Emilia KyrkköTeam Kuortane 4248:00 1 3 177 12 0 93,7 2,903Noora RätyHPK 7414:34 3 4 219 18 1 92,4 2,61
Equipo campión O equipo das HIFK que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2022-23 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
HIFK Porteiras: Kiia Lahtinen, Lumi Jääskeläinen, Miia Vainio, Iina Kuusela, Sofia Haverinen
Patinadoras: Michaela Pejzlova, Julia Liikala, Emilia Vesa, Clara Rozier, Siiri Yrjölä, Sanni Vanhanen, Johanna Kemppainen, Athena Locatelli, Eveliina Kitula, Mikaela Saukkonen, Anni Pere, Nenna Mehtonen, Erica Korhonen, Sara Suhonen, Olivia Kylliäinen, Karoliina Rantamäki, Veera Huotari, Nellie Karlberg, Ilona Palin, Satu-Maaria Vihervuori, Nelly Andersson, Sara Kuuluvainen, Heidi Holmberg, Nathalie Karlberg, Emilia Malinen, Lotta Hintikka, Emma Andersson </div>
Serie de clasificación Os dous equipos peor clasificados da liga regular da Naisten Liiga (RoKi e Lukko) disputaron unha serie de clasificación cos dous mellores equipos da Naisten Mestis (os equipos da academia de HIFK e K-Espoo), unha liga a dobre volta de catro equipos, co cal cada equipo disputou seis encontros ao longo de tres fins de semana.
As primeiras dúas xornadas disputáronse o 17 e o 18 de marzo. No primeiro partido as xogadoras de Rauma impuxéronse con claridade ás da academia de Espoo (9-0), mentres que as de Laponia derrotaron con máis apuros ás xogadoras do HIFK (3-2). Na segunda xornada o duelo entre os dous equipos que comezaron a tempada na Naisten Liiga decantouse do lado do RoKi (4-2), mentres que as xogadoras de Espoo impuxéronse ás capitalinas por 0-3.