A temporada 1970–71 da Primeira Divisón, celebrada entre o 11 de outubro de 1970 e o 7 de marzo de 1971, foi a décimo quinta campaña da Liga Española de Baloncesto. Participaron na competición doce equipos, que xogaron entre si unha liga de todos contra todos con ida e volta. Os dous últimos clasificados, Ignis Mataró e Águilas Schweppes descenderon directamente, mentres que os postos 9 e 10 disputaron un playoff de permanencia contra o terceiro e cuarto da Segunda División. O campión foi por décimo terceira vez o Real Madrid, mentres que o máximo anotador foi Alfredo Pérez do Breogán Fontecelta.

Equipos Os seguintes son os equipos que competiron na temporada 1970−71 da Primeira Divisón. EquipoCidadeProvincia Águilas Schweppes Bilbao Biscaia Breogán Fontecelta Lugo Lugo CD Manresa Kan's Manresa Barcelona CF Barcelona Barcelona Barcelona Estudiantes Madrid Madrid Ignis Mataró Mataró Barcelona Juventud Nerva Badalona Barcelona Picadero Damm Barcelona Barcelona RC Náutico Santa Cruz de Tenerife Tenerife Real Madrid Madrid Madrid San José Irpen Badalona Barcelona SD Kas Vitoria Áraba

Clasificación

Promoción de descenso Os equipos que ocuparon os postos noveno e décimo, Breogán Fontecelta e San José Irpen, tiveron que xogar unha eliminatoria pola permanencia ante o terceiro e o cuarto da Segunda División. A eliminatoria xogouse a partidos de ida e volta, tendo en conta para elixir o vencedor o marcador acumulado final. Nesta edición, os dous equipos da primeira división conseguiron permanecer na categoría.

Líderes estatísticos Puntos PostoXogadorPaísEquipoPuntos 1 Alfredo Pérez Breogán Fontecelta 595 2 Clifford Luyk Real Madrid 448 3 Juan Martínez CD Manresa Kan's 443 4 José Sagi-Vela SD Kas 442 5 Juan María Monsalve San José Irpen 440 6 Gonzalo Sagi-Vela Estudiantes 408 7 Josep Maria Soler Picadero Damm 407 8 Norberto Cejas RC Náutico 363 9 Lorenzo Alocén Picadero Damm 361 10 Wayne Brabender Real Madrid 350

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga Española de Baloncesto

Ligazóns externas ACB.com

Categoría:Tempadas da Liga Española de Baloncesto