A timoglobulina (medicamento fabricado pola compañía Sanofi) é unha preparación de inmunoglobulinas antihumanas de timocitos feita de anticorpos policlonais purificados derivados de coellos. Aínda que estes anticorpos teñen diversas especificidades, o seu principal mecanismo de inmunosupresión crese que é a depleción de célula T. A timoglobulina está actualemnte aprobada para o seu uso clínico en Europa e os Estados Unidos para o rexeitamento de aloenxertos renais, prevención da enfermidade de enxerto contra hóspede e condicións que impliquen a insuficiencia da medula ósea, incluíndo a anemia aplástica e ten usos adicionais en indicacións non especificamentge aprobadas.
Notas
Categoría:Anticorpos