Jürg Richter, nado en Zürich o 1 de outubro de 1963, é un numismático suízo especializado no comercio de moedas.

Traxectoria Jürg Richter descubriu a súa afección polo coleccionismo de moedas na súa infancia. Cursou estudos de Economía na Handelsschule, Sankt Gallen, e na Universidade de Zürich."Richter, Jürg". En Coins Weekly. 13 de maio de 2021.

Richter converteuse en numismático profesional en 1985, traballando en Credit Suisse durante 12 anos, ata o pechamento desta compañía en 1996.

Entre 1996 e 1998 traballou na empresa de comercio numismático de Frank Sternberg, de Zürich, na que duirixiu as súas primeiras poxas de moedas, e de 1998 a 2011 pasou a formar parte do Departamento de Ouro e Numismática de UBS, onde ocupou postos de dirección."Jürg Richter". www.Sincona.com

A partir da absorción deste departamento da UBS en 2011 por parte da compañía Sincona AG, Jürg Richter pasou a ser poxador e director comercial nesta última.

As súas especialidades son a moeda de ouro e de prata a partir do século XVII, as moedas de ouro de investimento e as moedas cantonais e federais suízas, así como os táleros de tiro e os billetes.

No ámbito asociativo, Jürg Richter e membro da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos e da Sociedade Numismática de Zürizc. En ambas as entidades coupou cargos directivos.

Recoñecementos

(2016): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Jürg Richter:"Richter, Jürg". WorldCat Identities.

(1988). Fehlprägungen und Fälschungen von Schweizer Münzen ab 1850. Helvetische Münzenzeitung, Zürich. (2003). Die Banknoten der Schweiz (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861827 (2005). Die Schützentaler und Schützenmedaillen der Schweiz. Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861957 (2005). Die Schützenjetons der Schweiz. Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861957 (2006). Der neue HMZ-Katalog (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. Tomo 1: Die Münzen der Schweiz. Antike bis Mittelalter. ISBN 3-86646-508-4 Tomo 2: Die Münzen der Schweiz und Liechtensteins. 15./16. Jahrhundert bis Gegenwart. ISBN 3-86646-504-1 (2006). Die Münzen der Schweiz Antike bis Mittelalter (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. ISBN 9783866465084 (2016). Die Proben und Materialvarianten der Kantonsmünzen. Regenstauf Gietl Verlag. Tomo 1: Die Proben und Materialvarianten der Kantonsmünzen. ISBN 978-3-86646-573-2 Die Proben und Materialvarianten der Münzen der Schweizerischen Eidgenossenschaft. ISBN 9783866465749 (2020). Swiss shooting talers and shooting medals. Battenberg Verlag. ISBN 978-3866461932

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Jürg Richter erhält Otto-Paul-Wenger-Preis 2016". En Münzen Woche. 14 de xullo de 2016. "Richter, Jürg". En Coins Weekly. 13 de maio de 2021.

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Zürich Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Personalidades sen imaxes