A cobra de colarConde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8 ou cobra de auga de colar (Natrix astreptophora) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia da Península Ibérica. Ata recentemente foi considerada unha subespecie da cobra de colar eurasiática, ou Natrix natrix.
Distribución A cobra de colar é unha especie de serpe distribuída pola Península Ibérica e pola parte occidental de Francia, así como polo norte de África, nunha freita descontinua que inclúe un núcleo no norte de Marrocos (de Fez a Tánxer) e a costa alxeriana ata TunisiaReptile-Database: Natrix astreptophora..
Descrición Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable: a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Lista de réptiles de Galicia
Categoría:Colúbridos Categoría:Réptiles de Galicia Categoría:Animais descritos en 1885 Categoría:Taxons descritos por Víctor López Seoane