Durante a tempada 2022/23 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División RFEF.
Resumo da tempada
Pretempada O 21 de xuño o Deportivo anunciou a súa primeira fichaxe da tempada, a do dianteiro vasco Gorka Santamaría, procedente do Badajoz. Nos seguintes días pecháronse tamén as chegadas de Narro e Isi, dende o Valladolid e o Badajoz respectivamente, así como o traspaso de Noel ao Real Madrid Castilla. O 29 de xuño fíxose pública a cuarta fichaxe, o gardameta tudense Edu Sousa, que chegou libre dende o Talavera de la Reina.
O 7 de xullo o club concretou a fichaxe de Roberto Olabe, que chegou libre dende o Alcorcón. Durante a seguinte semana anunciáronse as rescisións dos contratos de Jorge Valín, Yago Gandoy e Carlos Doncel, así como o regreso ao club despois de máis dunha década do lateral coruñés Raúl García Carnero, cedido dende o Valladolid. O 19 de xullo o Deportivo pechou co Atlético de Madrid a incorporación en propiedade de Mario Soriano, que xogara cedido no club coruñés durante a tempada anterior. Os días 26 e 27 anunciáronse as fichaxes de Retu e Ibai Gómez, procedentes do Real Madrid Castilla e do Foolad iraniano respectivamente.
O 3 de agosto anunciouse a chegada como cedido de Rubén Díez, procedente do Tenerife. O 31 de agosto fíxose oficial a fichaxe do hispano-uruguaio Kuki Zalazar, procedente da Ponferradina.
O 1 de setembro, derradeiro día do mercado de fichaxes, anunciouse a rescisión do contrato de Héctor Hernández, así como as chegadas do hispano-sueco Max Svensson, cedido por un ano polo Espanyol, e do hispano-francés Pablo Martinez, procedente do Nîmes Olympique. Ademais, o club inscribiu con ficha do primeiro equipo a Yeremay, que na anterior campaña xogara con ficha do Fabril.
Competición O Deportivo comezou a competición unha xornada máis tarde que o resto de equipos, pois o seu primeiro rival, o Internacional de Madrid, foi descualificado e substituído máis tarde polo Talavera de la Reina. Finalmente, o club coruñés debutou o 3 de setembro cunha vitoria ante a Balompédica Linense en Riazor, e a continuación logrou outra vitoria fronte ao Mérida. Mantívose invicto ata outubro, cando caeu fronte ao San Fernando, pero o equipo recibiu críticas dende o principio da tempada debido ao pobre nivel de xogo mostrado. O 11 de outubro o club comunicou o despido do adestrador Borja Jiménez e a contratación dun novo técnico: Óscar Cano. O balance de Jiménez na tempada foi de tres vitorias, tres empates e unha derrota en sete xornadas, e co equipo situado na zona de promoción pero a sete puntos do líder, o Racing de Ferrol.
O 8 de novembro o dianteiro vasco Ibai Gómez anunciou a súa retirada do fútbol profesional e o club comunicou a rescisión do seu contrato. O último día de 2022, o club anunciou o despido do xogador biscaíño Gorka Santamaría. Ese mesmo día fíxose oficial o regreso de Lucas Pérez, catro anos e medio despois da súa marcha da Coruña. O dianteiro renunciou así ao contrato que lle restaba no Cádiz e baixou dúas categorías ata a Primeira División RFEF, pagando el mesmo a metade do preto do millón de euros que custou o traspaso. A súa fichaxe acaparou titulares en numerosos medios deportivos arredor do mundo, destacando estes o insólito no fútbol moderno da súa decisión de antepoñer o cariño por un club ao beneficio económico. Foi presentado o 3 de xaneiro sobre o céspede de Riazor, diante duns 8000 espectadores.
Na parte final do mercado invernal, o Deportivo fichou a Kike Saverio, Pepe Sánchez e Orest Lebedenko, e concretou as saídas de Borja Granero, Retu e Víctor Narro, os dous últimos cedidos ao Hércules e ao Atlético Baleares respectivamente. Finalmente, no derradeiro día de mercado o club incorporou a Arturo, procedente do San Sebastián de los Reyes.
Con Cano no banco, o Deportivo mantívose en zona de promoción de ascenso durante case toda a tempada, pero sen chegar en ningún momento ao liderado, obxectivo prioritario do club. Xa sen opcións de ascenso directo e con boa parte da afección en contra, o adestrador foi cesado o 15 de maio de 2023, despois dunha derrota contra o Linares por 3-2 na xornada 36, sendo substituído por Rubén de la Barrera.
O técnico coruñés dirixiu o equipo nos dous últimos partidos da liga regular, unha vitoria por 4-0 sobre o Algeciras na casa e un empate a un gol contra o Pontevedra en Pasarón, antes de encarar a promoción de ascenso. No partido de ida das semifinais ante o Castellón, diante dos 28.828 espectadores de Riazor (cifra récord para a categoría), o Deportivo conseguiu unha vitoria pola mínima. Con todo, na volta en Castàlia, o Deportivo volveu quedar eliminado por segundo ano consecutivo, despois dun intenso partido con sete goles e unha prórroga que o club coruñés disputou con dez xogadores, trala expulsión do porteiro Ian Mackay, que sufriu o encontro máis desafortunado da súa carreira.
O novo fracaso deportivo provocou a dimisión do Consello de Administración do club e a destitución de Rubén de la Barrera, a pesar de que este dirixiu o equipo en só catro partidos e contaba cun grande apoio entre a afección. O 29 de xuño milleiros de seareiros do Deportivo levaron a cabo unha histórica manifestación contra as últimas decisións de Abanca, entidade propietaria do club. Con todo, durante os seguintes días continuaron os despedimentos de persoal do club, entre eles o de Fran, director de canteira.
Material deportivo O equipamento do Deportivo é proporcionado por Kappa e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal
Corpo técnico CargoNomeAdestradorBorja Jiménez (ata o 11 de outubro)Óscar Cano (11 de outubro - 15 de maio)Rubén de la Barrera (dende o 16 de maio)2º adestradorÁlex Martínez (ata o 11 de outubro)Elías Martí (11 de outubro - 15 de maio)Fran Noguerol (dende o 16 de maio)Ad. de porteirosAlberto CasalPreparador físicoLuis FandiñoSergio RocaJulio Hernández (dende o 16 de maio)
Consello de administración CargoNomePresidenteAntonio CouceiroSecretarioMiguel JuaneConselleirosEduardo Blanco PereiraCarlos CantóEmma LustresDavid Villasuso Castaño
Última actualización: 19 de xullo de 2022 Fonte: Corpo técnico, Consello de administración
Mercado de fichaxes
Altas DataPosNomeProcedenciaPrezo21 de xuño de 2022DIA Santamaría BadajozLibre24 de xuño de 2022MED Narro ValladolidLibre27 de xuño de 2022MED Isi Badajoz29 de xuño de 2022POR Edu Sousa Talavera de la ReinaLibre7 de xullo de 2022MED Olabe AlcorcónLibre15 de xullo de 2022DEF Raúl Carnero ValladolidCedido19 de xullo de 2022MED Mario Soriano Atlético de Madrid26 de xullo de 2022DEF Retu Real Madrid Castilla27 de xullo de 2022MED Ibai Gómez FooladLibre3 de agosto de 2022MED Rubén Díez TenerifeCedido31 de agosto de 2022DIA Kuki Zalazar PonferradinaLibre1 de setembro de 2022DIA Max Svensson EspanyolCedido1 de setembro de 2022DEF Pablo Martinez Nîmes OlympiqueLibre1 de xaneiro de 2023DIA Lucas Pérez Cádiz500.000 €21 de xaneiro de 2023DEF Lebedenko Lugo22 de xaneiro de 2023DIA Kike Saverio Osasuna27 de xaneiro de 2023DEF Pepe Sánchez GranadaCedido31 de xaneiro de 2023DIA Arturo San Sebastián de los Reyes
Baixas DataPos.NomeDestinoPrezo26 de xuño de 2022DIA Noel Real Madrid Castilla600.000 €30 de xuño de 2022MED Juergen Elitim Racing de SantanderFin de cesión30 de xuño de 2022MED Josep Calavera Atlético de MadridFin de cesión30 de xuño de 2022MED William de Camargo LeganésFin de cesión30 de xuño de 2022DEF Víctor García ValladolidFin de cesión30 de xuño de 2022DIA Miku Real MurciaFin de contrato30 de xuño de 2022MED Aguirre FuenlabradaFin de contrato30 de xuño de 2022MED Rafa de Vicente San Sebastián de los ReyesFin de contrato30 de xuño de 2022DEF Pablo Trigueros Cultural LeonesaFin de contrato30 de xuño de 2022MED Álvaro Rey XerezFin de contrato11 de xullo de 2022DEF Valín NumanciaRescisión de contrato14 de xullo de 2022MED Gandoy CoruxoRescisión de contrato16 de xullo de 2022MED Doncel UD LogroñésRescisión de contrato1 de setembro de 2022DEF Héctor Hernández Rayo MajadahondaRescisión de contrato8 de novembro de 2022DIA Ibai Gómez SantutxuRescisión de contrato31 de decembro de 2022DIA Gorka Santamaría BadajozRescisión de contrato19 de xaneiro de 2023DEF Granero CastellónRescisión de contrato25 de xaneiro de 2023DEF Retu HérculesCedido31 de xaneiro de 2023MED Narro Atlético BalearesCedido
Xogadores NºPosNacNomeLigaPromociónCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px1PORIan Mackay3502000370222DEFAntoñito320200034073DEFLapeña2600000260414MEDBergantiños190201022025DEFPepe Sánchez7100007126MEDIsi270200029077DIALucas198210021968MEDOlabe34010003501319DIAQuiles341600103516510MEDMario Soriano36820003884111DIAKike Saverio1322000152112DEFLebedenko1512000171113PORPablo Brea0000101014MEDArturo8000008015DEFRaúl Carnero23100002311116DEFPablo Martinez3002000320417DIAKuki Zalazar2812110312418DEFTrilli1001010120219DEFJaime Sánchez2702000290320DIAMax Svensson2742100295521MEDRubén Díez3430000343822MEDVillares3342010364823MEDYeremay2122110243324POREdu Sousa50100060Xogadores do xuvenil e do filialNºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px27MEDMella20002028DEFBarcia001010129DEFPuerto00101030MEDBrais Val001010
Deixaron o equipo NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px7MEDIbai Gómez7000605DEFRetu00101011DIASantamaría13010140312DEFGranero00000014MEDNarro1401015021
Clasificación
Grupo 1 - Noroeste
PosEquiposPXPGPEPPGFGCDifPtsNotas 1Racing de Ferrol3822975525 +3075Ascenso a Segunda División e Copa do Rei 2Alcorcón38211165323 +3074Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei 3Real Madrid Castilla38191275838 +2069Promoción de ascenso a Segunda División4Deportivo da Coruña38181375329 +2467Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei5Celta de Vigo B381611114838 +1059Promoción de ascenso a Segunda División6Linares38178135353 059Clasificación para a Copa do Rei7Unionistas381511123840 −2568Mérida381412124037 +3549Córdoba381412124837 +115410Cultural Leonesa38139164143 −24811Fuenlabrada38137183251 −194612Ceuta38129175352 +14513San Fernando381112154650−445 14Rayo Majadahonda38129174251 −945 15Algeciras381111163647−1144 16Badajoz381110173552−1743Descenso a Segunda División RFEF 17Sanse381110173046−1643 18Linense381011163134−342 19Pontevedra3899203453−1936 20Talavera3889213663−2733
Evolución +Xornada1234567891011121314151617181920212223242526272829303132333435363738Posición4º3º2º4º4º5º5º5º7º6º6º6º4º5º5º5º4º4º4º4º4º3º3º3º2º2º2º3º3º4º4º4º4º4º4º4º4º4º
Partidos
Pretempada e amigables
Trofeo Teresa Herrera
Primeira División RFEF
Promoción de ascenso a Segunda División
Copa do Rei
Notas
2022 Categoría:Fútbol en 2022 Categoría:Fútbol en 2023