Scott Douglas "Scooter" Altman, nado en Lincoln, Illinois, o 15 de agosto de 1959, é un piloto de combate e astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-125, STS-106, STS-90 e STS-109.
Traxectoria Altman graduouse en enxeñaría aeronáutica e astronáutica pola Universidade de Illinois en 1981 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados en 1990.
Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en marzo de 1995, participando nas misións STS-125, STS-106, STS-90 e STS-109, pasando un total de 51,53 días no espazo. Deixou a NASA en setembro de 2010 para traballar en Asrc Research and Technology Solutions.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-125 STS-106 STS-90 STS-109
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Lincoln, Illinois