Os tricocitos en algas son células que crecen na parte exterior da estrutura talofítica, a partir das cales crecen pelos. Son frecuentes nalgunhas algas coralinas.H.W. Johanseno. Coralline Algae: A First Synthesis. Google books En algas como Jania adherens os tricocitos crecen principalmente no verán e o seu crecemento depende da temperatura da auga e das horas de luz diúrna.
Nas algas coralinas os tricocitos orixínanse en meristemos do talo nos cales unha célula se divide en dúas células que non se calcifican e orixinan pelos non calcificados que sobresaen da superficie da alga co núcleo na base e un gran vacúolo. Na maioría das especies estes pelos múrchanse rapidamente. J. Cabioch distingue tres tipos de tricocitos nestas algas: (1) simples, como en Fosliella, na que o tricocito permanece aínda que caia o pelo ; (2) complexos, como en Jania rubens e Metagoniolithon radiatum, nos que o pelo se murcha e o tricocito desaparece, e (3) máis complexos, como en Neogoniolithon notarisii e Parolithon oncodes, nos que os tricocitos se murchan, pero transfórmanse nas chamadas megacélulas, que persisten certo tempo pero non teñen pelos. Cabioch, J. 1968. Sur le mode de formation des trichocytes chez le Neogoniolithon notarisii (Dufour) Setchell et Mason. C. R. Acad. Sc. Paris Serie D � 266:333–6
Notas
Categoría:Algas