Michael Phillip Anderson, nado en Nova York o 25 de decembro de 1959 e finado o 1 de febreiro de 2003, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-89 e STS-107, falecendo nesta última, durante o accidente do transbordador espacial Columbia.

Traxectoria Anderson graduouse en física e astronomía pola Universidade de Washington en 1981 e era máster en física pola Universidade Creighton en 1990.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-89 e STS-107, finando durante esta última. Pasou un total de 24,76 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-89 STS-107 Accidente do transbordador espacial Columbia

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados na exploración espacial