1979 (MCMLXXIX) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos A ONU proclama 1979 como Ano Internacional do Neno. 1 de xaneiro Estados Unidos e a República Popular da China establecen relacións diplomáticas. China: adopción do sistema de transcrición Pinyin. Naufraxio do petroleiro grego Andros Patria, ao oeste das Illas Sisargas provocando unha marea negra que alcanzaría Galicia nos seguintes días (o sinistro comezou o 31 de decembro anterior). 4 de xaneiro - O Sha do Irán abandona Teherán camiño do exilio. 28 de xaneiro - A escritora Carmen Conde Abellán le o seu discurso de entrada na Real Academia Española. É a primeira muller en entrar nesta institución. 1 de marzo - Adolfo Suárez (UCD) trunfa nas eleccións xerais. 26 de marzo - Anwar Sadat e Menachem Begin asinan en Washington o Tratado de paz israelo-exipcio. 28 de marzo – Grave accidente nun dos reactores da central nuclear de Three Mile Island (Harrisburg, Pensilvania, con liberación ó exterior de material radioactivo. 3 de abril - Primeiras eleccións municipais democráticas en España. A UCD é o partido máis votado. 7 de abril- Redáctase o Estatuto dos dezaseis con participación de persoeiros galegos nacionalistas (POG, PG), de AP, PSOE, PCE e UCD 10 de abril - Un bus cheo de escolares vigueses caeu ao río Órbigo en Santa Cristina de la Polvorosa morrendo 49 persoas. 2 de xuño - O papa Xoán Paulo II visita Polonia. É a primeira visita dun papa a un país comunista. 18 de xuño - En Viena, Jimmy Carter e Leonid Brezhnev asinan o tratado SALT II. 19 de xullo - Dous días despois da fuxida de Somoza, o Frente Sandinista toma Managua. 25 de decembro - Invasión soviética de Afganistán.

Nacementos 13 de febreiro - Dores Tembrás, escritora galega. 4 de abril - Heath Ledger, actor australiano. 10 de abril - Shemekia Copeland, cantante estadounidense. 14 de abril - María Lado, escritora galega. 14 de xullo - Yukiko Motoya, escritora e dramaturga xaponesa. 12 de agosto - Cindy Klassen, patinadora canadense. 19 de setembro - Ledicia Costas, escritora galega. 19 de setembro - Jarno Laasala, actor finés. 15 de outubro - Olalla Cociña, poeta e xornalista galega. 18 de novembro - Nate Parker, actor, director, produtor e guionista estadounidense. 19 de decembro - Rebeca Baceiredo, filósofa e escritora galega. 19 de decembro - Paola Rey, actriz colombiana.

Mortes 3 de xaneiro - Conrad Hilton, fundador dos hoteis Hilton. 5 de xaneiro - Charles Mingus, figura do jazz. 9 de xaneiro - José María Taboada Lago, avogado, xornalista e escritor galego (n. 1900). 27 de xaneiro - Victoria Ocampo, escritora e editora arxentina.

28 de xaneiro - Jerzy Kurylowicz, lingüista polaco. 2 de febreiro - Sid Vicious, músico punk (Sex Pistols). 12 de febreiro - Jean Renoir, director de cine francés.

17 de marzo - Giacomo Lauri-Volpi, tenor italiano (n. 1892). 31 de marzo - Manuel González Ramos, mestre e político socialista galego (n. 1889). 5 de abril - Luís Seoane, editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego (n. 1910). 7 de xuño - Darío Álvarez Blázquez, médico e escritor galego. 11 de xuño - John Wayne, actor estadounidense. 1 de xullo - Xesús Conde González, escritor e debuxante falego (n. 1906)

15 de xullo - Juana de Ibarbourou, poeta uruguaia.

16 de xuño - Nicholas Ray, director de cine estadounidense.

29 de xuño - Blas de Otero, poeta español. 30 de xuño - Avelino Barrio Pérez, médico e herpetólogo arxentino de orixe galega. (n. 1920) 29 de xullo - Herbert Marcuse, filósofo e sociólogo alemán. 31 de agosto - Celso Emilio Ferreiro, poeta galego. 1 de setembro - Félix Álvarez Arganzúa, sindicalista galego. 10 de setembro - Agostinho Neto, primeiro presidente de Angola. 23 de setembro - Antonio Gómez Carneiro, político galego (n. 1899). 1 de decembro - Eduardo Blanco Amor, escritor e xornalista galego (n. 1897).

13 de decembro - Álvaro Paradela Criado, médico e escritor galego (n. 1911).

Premios Nobel Física: Sheldon Lee Glashow, Abdus Salam e Steven Weinberg Química: Herbert C. Brown e Georg Wittig Fisioloxía ou Medicina: Allan M. Cormack e Godfrey N. Hounsfield Literatura: Odysseus Elytis Paz: Nai Teresa Economía: Theodore Schultz e Sir Arthur Lewis

Día das Letras Galegas dedicado a: Manuel Antonio

Outros Historia ano a ano

Categoría:1979