Marta de Mesquita da Câmara (tamén escrita Martha de Mesquita da Câmara) nada no Porto o 24 de agosto de 1895 e finada no mesmo Porto o 20 de novembro de 1980, foi unha profesora, poeta, xornalista e autora de literatura infantil portuguesa. Tamén usou o pseudónimo de tía Madalena.

Traxectoria Marta de Mesquita da Câmara era de orixe azoriana, xa que era filla do escritor e publicista Teotónio Simão da Câmara Lima, e a súa nai era tía do escritor e xornalista Alfredo de Mesquita.

En 1924, publicou o libro de versos Triste, que foi moi aceptado pola crítica, consagrándoa como poeta. As obras que seguiron afirmaron esta sona, merecendo de Jaime Cortesão o eloxio de ocupar un lugar entre a mellor poesía portuguesa pola elevación do sentimento e o vigor da forma, enxalzando o seu contido sentimentalismo e depuración formal. João Gaspar Simões sitúaa tamén entre os principais poetas portugueses, comparándoa con Florbela Espanca. Tamén foi eloxiada por José Régio na súa crítica literaria.

En 1940 publicou Conte uma História, un conxunto de contos, poemas e fábulas dirixidos á infancia e á xuventude. Neste mesmo xénero literario, mantivo unha sección permanente no xornal O Primeiro de Janeiro e colaborou con outras varias publicacións periódicas, asinando co pseudónimo de Tia Madalena .António Ornelas Mendes e Jorge Forjaz, Genealogias da Ilha Terceira, Dislivro Histórica, Lisboa, 2007 (ISBN 978-972-8876-98-2). Tamén foi tradutora de autores de literatura infantil.

Pertenceu aos órganos de goberno da Asociación de Xornalistas e Letras do Porto.

A obra poética de Marta de Mesquita da Câmara foi recollida en Poesias Completas, publicada en 1960. Porén, coñécense creacións posteriores publicadas en publicacións periódicas. Foi membro correspondente da Real Academia Galega

Obras

Obras impresas

Arco-Íris (1925). Pó do teu caminho… (1926). Lisboa: Edição da "Seara Nova". Relicário Triste (1925). Triste: versos (1934). (2.ª ed. aumentada de moitas poesías inéditas) Porto: Tavares Martins. Conte uma história (contos infantis) (1940). Porto. Poemas (1952). Porto: ed. "O Primeiro de Janeiro". Era uma vez… (1954). (1.ª ). Porto: Liv. Figueirinhas. Era uma vez… (1957). (2.ª ed.) Porto: Liv. Figueirinhas. Poesias Completas, (1960).Porto. Recreio (contos) (1960). Porto: Figueirinhas. Canteiro dos meus amores (contos) (1958). Porto: Figueirinhas. Canteiro dos meus amores (contos infantis) (1962). Porto: Figueirinhas.

Colaboración en publicacións periódicas

O Século Diário de Notícias O Primeiro de Janeiro Mulheres do Norte Mensário de Arte e Literatura

Efeméride Marta de Mesquita da Câmara é lembrada na toponimia dunha rúa de Foz do Douro . Notas

Véxase tamén

Bibliografía Salvado, António , Antologia da poesia feminina portuguesa, Fundão, Edições Jornal do Fundão, 1980 [1ª edición: 1860; reed.: 1970, 1973], pp. 170-173.

Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Nados no Porto Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados en 1894 Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega