Oleg Stepánovich Vyálov (grafado ás veces como Oleg Stepanovich Vialov), en ruso Оле́г Степа́нович Вя́лов, nado en Taskent, Imperio Ruso o 23 de xaneiro de 1904 e finado en Lviv, Ucraína o 1 de xuño de 1988, foi un xeólogo, paleontólogo e taxonomista ucraíno, especializado no estudo dos moluscos bivalvos.

Traxectoria

É coñecido por ser o descritor da familia dos grifeidos, e de varios outros taxons de moluscos bivalvos.Gryphaeidae Vialov, 1936 no WoRMS.

Foi elixido en 1948 membro da Academia de Ciencias da República Socialista Soviética de Ucraína.

Está enterrado no cemiterio Lychakivskiy de Lviv.

Premios

Premio Stalin Premio Estatal de Ucraína en Ciencia e Tecnoloxía Científico de Honor de Ucraína Orde de Lenin Orde da Insignia de Honra Medalla do Mérito de Traballo da Gran Guerra Patriótica 1941-1945 Medalla Pola Defensa de Leningrado Orde da Amizade dos Pobos

Abreviatura A abreviatura Vialov emprégase para recoñecer a Oleg Stepánovich Vyálov como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos sobre o autor e fotografía

Categoría:Científicos de Ucraína Categoría:Xeólogos de Ucraína Categoría:Paleontólogos de Ucraína Categoría:Malacólogos Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo Categoría:Nados en Tashkent Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Personalidades sen imaxes