Hammarö é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. O concello atópase principalmente na illa de Hammarön e limita ao norte co municipio de Karlstad. A súa capital é a localidade de Skoghall. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 16 992 habitantes.

Xeografía O concello está formado pola illa de Hammarön, a de Vidön e as pequenas illas próximas no norte do lago Vänern, e trátase do concello de menor superficie terrestre do condado de Värmland. Atópase xusto ao sur da cidade de Karlstad e está formado principalmente por un arquipélago pintoresco, incluíndo o extremo sur de Hammarö co faro de Skage, e Grytudden con Sankt Olofsgrytan, onde comezaba unha ruta de peregrinación (que remataba en Trondheim). Hai varias reservas naturais (como Söön) e moitos lugares para bañarse. Unha ruta de aves migratorias pasa pola illa e hai unha estación de anelamento no extremo sur de Hammarö.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland