Alida González Arias, coñecida como Penca, nada en Salas de los Barrios (O Bierzo) en 1915 e finada no mesmo concello en 2006, foi unha guerrilleira antifranquista.
Traxectoria Casou con José Losada Yáñez, militante da UGT, que logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Alida ocultou ao seu home e foi detida cando lle levaba alimentos e municións. Xulgada en consello de guerra, estivo presa no campo de concentración de San Marcos en León, volveu ser detida, e finalmente desterrada a Cantalapiedra (Salamanca), onde un 27 de abril de 1939 recibiu a noticia da morte do seu home por unha patrulla de gardas civís e falanxistas. Volveu a Salas e converteuse nun enlace da guerrilla.
En 1945 o seu nome apareceu na lista encontrada pola Garda Civil na casa de Columbrianos e decide unirse ao grupo de Manuel Girón Bazán. Converteuse na compañeira de Girón durante cinco anos ata que o comandante da Garda Civil Miguel Arricivita lle tendeu unha emboscada coa infiltración de José Rodríguez Cañueto, que o asasinou o 2 de maio de 1951, para atribuírlle a Alida a traizón e morte do seu compañeiro Girón.La verdadera muerte del hombre que mató a Girón Alida foi detida e pronto logrou a liberdade pero tivo que sufrir o resto da súa vida o rexeitamento dos que preferiron crer as mentiras divulgadas polo comandante Arricivita. Durante anos estivo en Suíza e finou en Salas de los Barrios aos 91 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Alida González Arias, la Penca
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas
Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2006