Margaret Vincentia Bryce, coñecida como Marjery Bryce, nada en Marylebone o 18 de xuño de 1891 e finada en Fulham o 8 de xuño de 1973, foi unha sufraxista e actriz británica, que desfilou vestida de Xoana de Arco nas marchas da Unión Social e Política das Mulleres (WSPU) en apoio ao dereito ao voto das mulleres.
Traxectoria Margaret Vincentia era filla do político John Annan Bryce e de Violet L'Estrange. Bryce era coñecida como Marjery, Marjorie ou Marjery Vincentia e Marjorie Annan. Tivo dous irmáns e unha irmá tres anos máis nova, Rosalind L'Estrange, coñecida como 'Tiny'. Un dos seus irmáns, Nigel, morreu aos dezanove anos. O seu outro irmán, Roland, sería máis tarde un dos comisionados en 1922 para trazar as fronteiras de Iugoslavia.
O seu pai era un deputado liberal de Inverness Burghs, e votou en contra do proxecto de lei de conciliación que tiña que darlle o dereito de voto a algunhas mulleres e escribiu cartas á prensa contra o sufraxio feminino. A súa nai, Violet, tiña a opinión contraria e era curmá da condesa Constance Markievicz e Eva Gore-Booth, ambas as dúas activistas polos dereitos das mulleres.
Bryce uniuse ao desfile da Unión Social e Política de Mulleres (WSPU) aos dezanove anos representando a 'a muller perfecta' montando un cabalo branco ataviado cunha armadura completa cunha pancarta ao estilo de Xoana de Arco, liderando a procesión de corenta mil mulleres o 17 de xuño de 1911, antes da coroación de Xurxo V. A súa irmá Rosalind "Tiny" Bryce ía vestida de paxe e sostiña as rendas do cabalo. Esta manifestación foi para fomentar o apoio ao proxecto de lei de conciliación, que daría o voto ás mulleres propietarias.
Considerábase que a imaxe de santa Xoana representaba "o ideal da muller militante... en cada acto dela recoñecen o mesmo espírito que as fortalece para arriscar a súa liberdade e soportar torturas en aras da liberdade" E as líderes da WSPU Emmeline e Christabel Pankhurst, Emmeline Pethick-Lawrence e Mabel Tuke encabezaron o desfile, con grupos de oficios e profesións femininas ou, como Bryce, vestidas como mulleres famosas do pasado. Christabel, en particular, sentiu que a imaxe de Xoana de Arco reflectía a vontade de asumir as dificultades físicas e enfatizou as calidades marciais (masculinas) como imaxe de loitar por unha causa de dereito. Isto resumía a "beleza da sinxeleza, pureza, coraxe e militancia" que Bryce estaba a representar neste desfile e foi unha imaxe utilizada pola WSPU como símbolo. miniatura|Procesión sufraxista en 1911. O Museo de Londres ten a imaxe orixinal de copyright de Bryce como Xoana de Arco citada en moitas das referencias anteriores.
Noutros desfiles de sufraxistas, Xoana de Arco tamén foi interpretada por Elsie Howey.
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1973